San Vicente de Graíces é unha parroquia pertencente ao concello da Peroxa, na provincia de Ourense. Cunha extensión de 4,81 km², segundo o IGE, en 2023 tiña 174 habitantes (87 homes e 87 mulleres).

Demografía

miniatura|Vista de Pousada. Patrimonio

Castelo da Peroxa. Coa pedra da torre da homenaxe construíuse a comezos do século XX a igrexa parroquial de San Xes da Peroxa.

Pazo de Láncara: típica casa da fidalguía galega situada no núcleo que dá nome á parroquia. É un pazo de planta rectangular. Presenta unha solaina na fachada principal. Posúe tamén varios escudos na mesma fachada que o vinculan con distintas liñaxes.

Igrexa de San Vicente de Graíces: igrexa do século XVII de estilo barroco. De planta rectangular, é o típico exemplo de arquitectura relixiosa rural. No seu interior destaca un retablo barroco no que traballou o escultor ourensán Alonso López.

Lugares e parroquias Lugares de Graíces

Parroquias da Peroxa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Peroxa Ligazóns externas Web oficial do concello da Peroxa

Categoría:Parroquias da Peroxa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente