O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos. Ata finais do Plistoceno, hai aproximadamente 10 000 anos, o león era o máis estendido dos grandes mamíferos terrestres, tralos seres humanos. A súa distribución cubría a maior parte de África, gran parte de Eurasia, desde o oeste de Europa ata a India, e en América, desde o río Yukón ata o sur de México.Seymour, K. L. (1983). The Felinae (Mammalia: Felidae) from the Late Pleistocene tar seeps at Talara, Peru, with a critical examination of the fossil and recent felines of North and South America. MSc thesis, University of Toronto.Nobuyuki Yamaguchi, Alan Cooper, Lars Werdelin and David W. Macdonald (2004). Evolution of the mane and group-living in the lion (Panthera leo): a review. Journal of Zoology, Volume 263, Issue 4, Article first published online: 28 FEB 2006.
Se sobreviven ás dificultades da infancia, as leoas que viven nun hábitat seguro, por exemplo no Parque nacional Kruger, a miúdo poden chegar á idade de 12-14 anos, mentres que os leóns raramente viven máis de oito anos. Con todo, coñécense casos de leoas que viviron ata vinte anos en estado salvaxe. En cativerio, tanto os machos como as femias poden vivir máis de vinte anos. Adoitan vivir en sabanas e pradarías, aínda cando poden entrar en zonas arbustivas e boscosas. Os leóns son animais especialmente sociais en comparación con outros félidos. Unha manda de leóns componse de femias que teñen unha relación familiar, as súas crías e un número reducido de machos adultos. Os grupos de leoas adoitan cazar xuntas, atacando principalmente a grandes ungulados. O león é un superdepredador e unha especie chave, pese a que pode ter un comportamento preeiro se ten a oportunidade. Aínda cando os leóns, normalmente, non cazan humanos de xeito selectivo, algúns deles poden converterse en antropófagos e buscar presas humanas.
O león é unha especie vulnerable e, no seu ámbito de distribución africano, ao longo das dúas últimas décadas sufriu un declive das poboacións, posiblemente irreversible, de entre un 30% e un 50%; as poboacións non son viables fóra das reservas delimitadas e os parques nacionais. Aínda que a causa deste declive non é completamente comprendida, a perda do hábitat e os conflitos con humanos son hoxe en día os motivos de preocupación máis importantes. Tivéronse leóns en catividade desde os tempos da antiga Roma e desde finais do século XVIII foron unha especie moi buscada e exhibida en zoolóxicos por todo o mundo. Os propios zoolóxicos están colaborando en programas de reprodución para protexer a ameazada subespecie asiática.
Os machos son moi fáciles de distinguir grazas á súa melena, que fai da súa cabeza un dos símbolos animais máis amplamente coñecidos da cultura humana. Aparece moi a miúdo na literatura, a escultura, a pintura, en bandeiras nacionais e en películas e literatura contemporáneas. Nome e etimoloxía
O nome do león, que é similar en moitas linguas romances, deriva do latín leo; relacionado co grego antigo λέων (léōn). A palabra hebrea lavi (לָבִיא) tamén podería estar relacionada, así como a exipcia antiga rw Como noutros sistemas de escritura antigos, no antigo exipcio só se escriben as consoantes. Non se distinguía entre "l" e "r".. O león foi unha das moitas especies descritas orixinalmente, como Felis leo, por Carl von Linné na súa obra do século XVIII Systema Naturae. Suponse a miúdo que o compoñente xenérico do seu nome científico, Panthera, deriva do grego pan- ("todo") e ther ("besta"), pero podería tratarse dunha etimoloxía popular. Aínda que chegou ao galego a través das linguas clásicas, panthera é probablemente de orixe asiática oriental, co significado de "animal amarelado" ou "amarelo esbrancuxado".
Morfoloxía
O león é o segundo felino vivente máis grande despois do tigre. Cunhas extremidades potentes, unha forte mandíbula e uns dentes caninos de oito centímetros, o león pode matar grandes presas. A coloración dos leóns vai desde un beixe claro ata un marrón amarelado, avermellado ou ocre escuro. As partes inferiores adoitan ser máis claras e o pelo do extremo final da cola é negro. As crías de león posúen un debuxo manchado que se vai perdendo coa idade, aínda que ás veces pode apreciarse nas patas e o ventre, sobre todo das leoas.
Os leóns son os únicos félidos que presentan un dimorfismo sexual evidente; é dicir, os machos e as femias teñen un aspecto notablemente diferente como consecuencia dos roles especializados que desempeñan dentro do grupo. Por exemplo, a leoa, como cazadora, carece da densa melena do macho, que prexudicaría a súa capacidade de camuflarse ao preparar emboscadas. A cor da melena vai do louro ao negro e adoita escurecerse a medida que o león envellece.
220px|miniatura|dereita|León branco macho miniatura|dereita|220px|Vista comparativa entre un ser humano e un león, 1860
Chegando á idade de madurez sexual os machos novos optan por viviren sós ou disputaren o liderado da manda. O seu peso pode oscilar entre os 160 e os 230 kg. O peso do león é moi variábel, dependendo da subespecie. Un exemplo disto son os leóns machos surafricanos, que poden pesar até 251 kg, namentres o león asiático é menos corpulento e de melena menos poboada nos exemplares salvaxes. As subespecies africanas rara vez superan os 190 kg; mesmo existe unha poboación de leóns do Masai Mara na que os machos non adoitan superar os 170 kg de peso. As femias acostuman a ser máis pequenas, cun peso de entre 130 e 180 kg. Tamén existen diferenzas nas femias, as leoas do Masai Mara adoitan ter un peso medio de 140 kg, as leoas surafricanas (e algunhas poucas do delta do río Okavango) chegan polo xeral aos 160 kg, namentres que as leoas asiáticas non pesan máis de 120 kg. O león africano en cativerio máis grande pesou 366 kg, mentres que en liberdade o exemplar máis grande que se cazou pesou 313 kg. Con todo, estes exemplares padecían de xigantismo.
Os machos teñen unha lonxitude entre 225 e 260 cm, e sobre os 200 cm no caso das femias; os machos poden medir até 1,23 m, a altura da cruz, e as femias até 1,07 m. En distancias pequenas poden correr a unha velocidade de 60Km/h.
A esperanza de vida nos exemplares en estado salvaxe é de 8 anos para os machos e de 14 para as femias, mentres que en cativerio decote existen exemplares con máis de 20 anos. Estes felinos prefiren habitar en lugares cálidos. Polo xeral, os machos acostuman ter un ton de pelaxe unha miga máis claro có das femias.
A cola acostuma medir entre 75 cm e un metro. Todos os leóns posúen un penacho de pelo na punta da cola, máis grande no león asiático que nas subespecies africanas. A función deste penacho aínda se descoñece, aínda que se cre que é para escorrentar as moscas. O penacho está ausente no momento do nacemento, pero desenvólvese a partir dos 165 días de vida e xa é facilmente observable aos 7 mesesSchaller, p. 28.
Melenas A melena do león macho, única entre os félidos, é un dos trazos máis característicos da especie. O macho adulto é facilmente recoñecíbel pola súa melena (aínda que en Angola existe unha subespecie case extinta cuxos individuos carecen de melena. Namentres son cachorros, os machos e as femias teñen a mesma aparencia, mais conforme van medrando os machos adquiren a melena.
miniatura|Imaxe termográfica dun león, mostrando o efecto illante da melena.
A melena fai que o león pareza máis grande, causando unha excelente intimidación, o que o axuda nos combates contra outros leóns e contra a principal especie competidora dos leóns en África, a hiena manchada.
Nun principio, os científicos pensaban que a forma e espesura da melena tiña que ver coa subespecie de león de que se trate. Dado que a presenza, ausencia, cor e tamaño da melena están asociadas coas condicións xenéticas, a madurez sexual, o clima e a produción de testosterona, como regra xeral, canto máis escura e densa sexa a melena, máis san é o león. Investigacións en Tanzania tamén suxiren que a lonxitude da melena indica éxito nos combates entre machos emparentados. Os exemplares cunha melena máis escura poden ter unha vida reprodutiva máis longa e unha maior proporción de supervivencia das crías, aínda que sofren máis nos meses máis calorosos do ano. Nos grupos dominados por unha coalición de dous ou tres machos, é posible que as leoas tendan a querer aparearse máis cos leóns que teñen unha melena máis densa.
miniatura|Un león macho sen melena e con pouco pelo corporal no Parque Nacional de Tsavo East, Kenya.
Estas características foron usadas para identificalos, como por exemplo o león do Atlas e o león do Cabo, que xeralmente posuían melenas copiosas e escuras. Porén, na actualidade sábese que existen varios factores extrínsecos que inflúen na cor e tamaño da melena, como a temperatura do ambiente. A temperatura fresca en zoolóxicos norteamericanos e europeos pode dar lugar a unha melena espesa. Polo tanto, a melena é algo inadecuado para identificar unha subespecie. Coñecéronse casos de leóns carentes de melena en lugares como Senegal e o Parque Nacional Tsavo. A presenza, ausencia ou a cantidade de melena está asociada coa testosterona; un exemplo disto son os leóns castrados, que acostuman ter melenas moi escasas. Unha melena espesa tamén pode ser un indicador dunha saúde xenética e física do león, as femias acostuman demostrar preferencia polos machos cunha melena grande e escura; a melena tamén pode proporcionarlle certa protección nas batallas.
Reprodución O león pode criar todo o ano. En certos lugares nótase un incremento na reprodución durante certos meses, sendo menos frecuente durante o resto do ano. É probable que esta variación dependa das estacións do ano, ou das tempadas de choiva e seca. Pero pode ser alterada de acordo as dinámicas internas da manda.
Normalmente as femias adultas crían cada dous anos, aínda que se os cachorros non sobreviven é posible que críen antes. Teñen dun a catro cachorros en cada parto, algunhas veces cinco e ata seis, dos cales poucos chegan aos dous anos de idade. Os cachorros de toda a manda críanse xuntos. As nais permítenlle mamar a outros cachorros da manda aínda que non sexan os dela. O período de xestación é de 105 a 119 días. Empezan a comer carne aos tres meses. Na natureza son adultos dende os tres ou catro anos; en cativerio dende os dous ou tres anos.
Bioloxía Dieta e caza miniatura|esquerda|Un león macho e unha cría comen un búfalo africano miniatura|dereita|As femias normalmente realizan a caza
As femias son as que xeralmente realizan a caza, e normalmente fano durante a noite, que é cando se encontran máis activas. A súa dieta consiste principalmente en mamíferos grandes, como ñus, cebras, búfalos, impalas e gacelas. No entanto non desprezan unha lebre ou algunhas aves. Nalgúns lugares, os leóns especializáronse en cazar animais grandes, como hipopótamos (río Cuando), xirafas, e elefantes novos (río de Savuti). Os leóns novos intentan practicar a caza aproximadamente aos 3 meses, pero non desenvolven plenamente as súas habilidades ata teren uns 2 anos. Poden alcanzar velocidades de ata 56 km/h, pero carecen da enerxía para manteren esas velocidades por moito tempo, polo que axexan as súas presas moi preto delas, e cando están a unha distancia curta (uns 30 metros ou menos) é cando entran en carreira. O león persegue a súa presa e atácalle os cuartos traseiros, tratando de facela caer; tamén acostuma saltar sobre o animal e derribalo, se o consegue, mátao cunha mordida na gorxa, que é perforada polos seus cairos que acostuman ter unhas medidas duns 7,6 cm.