250px|miniatura|Bateas na ría de Vigo, entre Vigo e Moaña. 250px|miniatura|Batea na ría de Vigo. miniatura|180px|Viveiros de ostras e mexillóns nas rías Baixas. A miticultura ou mitiliculturaEntrada "mitilicultura" en Digalego.com (de Mytilus, nome científico do mexillón) é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas, e xera unha importante economía indirecta.
Evolución histórica Os primeiros intentos de cultivar mexillóns non se producen ata principios do século XX, cando se comprobou que os mexillóns que se fixaban nos paus empregados para seca-las redes medraban máis e máis rápido que os que crecían nas rochas. Esta observación levou á instalación de estacadas próximas á beira do mar, cravadas na area, para que se fixase naturalmente a semente de mexillónDenomínase semente, neste contexto, as larvas resultantes da reprodución dos individuos que medran nas rochas da costa ou na propia batea, en condicións naturais, e que van flotando entreaugas ata fixarse en calquera superficie na que poidan vivir. Actualmente, enténdese por semente os exemplares de pequeno tamaño que os mariñeiros recollen das pedras da costa. Tamén se denomina mexilla ou, máis comunmente, co castelanismo mejilla., estacadas que quedaban periodicamente ó aire co devalo da marea. O propietario non facía máis que esperar a que medrase ata tamaños comerciais, momento no que recollía o mexillón e o comercializaba.
Este sistema, importado desde Francia e aplicado en España primeiro en Cataluña, demostrouse moi pouco produtivo, e foi pronto substituído por boias das que penduraban unha ou dúas cordas tan longas como permitía a profundidade do mar nese punto. Estas boias deron paso, tamén en Cataluña, a caixóns de certo tamaño, que permitían un maior número de cordasA primeira estrutura deste tipo instalouse en Tarragona en 1901 e inmediatamente estendeuse a outros puntos da costa catalá. Actualmente, as bateas catalás están concentradas fundamentalmente no Delta do Ebro.. Outra importante transformación foi potencia-la fixación de semente de mexillón a base de recollela das rochas costeiras e amarrala ás cordas, sen espera-la fixación espontánea das larvas, co que se multiplica a produción.
Xa a mediados de século, estes caixóns foron substituídos por barcos que, por vellos, xa non servían para a pesca ou o transporte de cargasSuponse que o nome de batea co que se coñecen hoxe as superficies flotantes que derivaron destes barcos, vénlle precisamente da forma ancha e cha que tiñan aqueles barcos.. Estes barcos eran ancorados no interior das rías e colocábanselles cordas pendurando da borda, primeiro, ou de fortes paus horizontais suxeitos á cuberta, aumentando así o número de cordas.
O último paso foi a substitución daqueles barcos por plataformas flotantes construídas especificamente con este fin, as actuais bateas que se poden ver nas rías Baixas galegas.
Evolución histórica en Galicia esquerda|miniatura|Viveiros do Carril. Encóntranse referencias á súa comercialización dende A Coruña a Cuba dende 1832
As primeiras referencias á miticultura prodúcense en Galicia en 1870, indicando como os antigos viveiros de ostras do Carril se converteron en viveiros de mexillón cando estas desapareceron, e como se enviaban escabechados e frescos ao interior de Galicia e Madrid. Na "Exploración científica de las costas del departamento marítimo de Ferrol" de Mariano de la Paz Graell, este científico realizou un estudo moi importante sobre o seu cultivo en Francia e sorpréndese ao encontrar o seu cultivo en Galicia, e como se envían a Madrid como ostras. Isto contradí estudos anteriores do seu inicio de cultivo no Mediterráneo e o seu uso só como fertilizante.
Nun dicionario galego de 1876, denomínase "Mijillon" Noutro, de 1884 como "Mejillon"
Dende 1876 hai referencias da súa venda e uso como cebo. Tamén en 1876 publícase o "Reglamento para la propagación y aprovechamiento de los mariscos" no que limitase os cultivos de mexilón en zonas de cultivo de ostra no artigo 34 .
En 1892 envorca unha dorna de Palmeira por levar unha carga excesiva de mexillón entre San Vicente e Sálvora.
En 1907 e 1908 aparecen noticias da súa importancia na alimentación de vilas costeiras como Sanxenxo e xa para a industria conserveira.
En 1932"Cataluña inspiró a los pioneros del cultivo del mejillón en 1932", en La Voz de Galicia, 29 de setembro de 1996., Manuel Otero Moratinos instalou en Tirán (Moaña) un caixón de madeira seguindo o modelo que vira nunha viaxe a Cataluña. A experiencia durou só uns meses.
O segundo intento foi en 1946, cando Ozores Saavedra, propietario dun viveiro de moluscos en Vilagarcía no que levaba xa tempo intentando cultivar mexillóns en estacadas, fixo construí-la primeira batea galega, cun único flotador de madeira sobre o que suxeitou un tramado de táboas das que colgou as cordas. Desta volta, a experiencia tivo éxito e ó ano seguinte xa tiña 10 bateas semellantes no porto de Vilagarcía. A expansión por toda Galicia non se fixo esperar: no ano 1949 instálanse as primeiras bateas na ría de Vigo; en 1954 aparecen en Cambados, O Grove, Bueu e Caramiñal; en 1955, na ría de Sada e ó ano seguinte na de Muros.
Hoxe existen rexistradas unhas 3.500 bateas nas diferentes rías galegas. De cando en vez, xorden novos proxectos con novas solucións de flotabilidade para conseguir fondealas tamén en mar a fóra, pero aínda sen éxito. Daqueles materiais iniciais -madeira e esparto- pasouse a outros máis eficientes e duradeiros -ferro, poliéster, PVC etc.- e as técnicas de traballo foron mecanizándose cada vez máis, conseguindo así un notable aumento na produtividade e na mellora das condicións de traballo.
Estrutura dunha batea miniatura|210px|Batea nas rías Baixas. Basicamente consiste nun enreixado de fortes trabes de madeira suxeitas entre si, formando un conxunto plano e cadrado. Sobre estas trabes crávanse outros paus máis finos e curtos, chamados pontóns ou cancos para aumenta-los puntos de fixación das cordas.
Do enreixado así construído átase un número variable de cordas nas que se fixará e crecerá o mexillón. Nunha daquelas trabes fíxase un bloque de cemento, ou morto, que serve de fixación ó punto de fondeo.
Cómpre advertir, finalmente, que este sistema de cultivo en batea tamén se utiliza para o cultivo ou engorde doutros moluscos, como ostra ou vieira, así como doutras especies mariñas, como crustáceos ou peixes, tralas necesarias modificacións estruturais que correspondan á especie cultivada.
O enreixado miniatura|290px|Trabes mestras preparadas para construír unha nova batea, nas Sinas (Vilanova de Arousa). Na cabeza lese a medida: 27 metros. Tamén denominado engrellado, consiste no conxunto de trabes e cancos que, armados entre si, dá lugar a unha superficie cadrada ou rectangular, de dimensións moi variables pero cun máximo legal de 500 m² útiles e 27 m de proa, como máximo, que flota a certa altura sobre o nivel do mar. Non debe estar moi próximo á auga para evitar que as larvas de mexillón se fixen sobre as trabes mestras e terminen estragándoas; ademais, ó estar un pouco elevadas, sempre estarán máis secas que se a auga dese nelas continuamente. Tampouco pode estar moi elevado (respecto da superficie do mar) porque o conxunto perdería estabilidade e cabecearía en momentos de mar forte, o que tería como consecuencia o desprendemento do mexillón das cordas e o posible afundimento da batea ó desequilibrarse o peso que soporta a plataforma.
As trabes van colocadas lonxitudinalmente de proa a popa. A central, na que se amarra o morto, chámase trabe de amarre; adoita ter unha sección de 40x40 cm. Os tres pares de trabes ás que se amarran os flotadores (dous flotadores en cada par) chámanse trabes transversais; adoitan ter unha sección de 35x35 cm. Es as trabes laterais, que pechan o cadrado, chámanse látegos.
Para a construción das trabes e cancos utilízase madeira de eucalipto, non só pola súa economía senón por ser estas árbores de grande altura e tronco recto, o que permiten face-las trabes dunha soa peza. Recentemente estanse a probar trabes de PVC.
Antes era moi común que no centro ou na popa da batea se levantase un pequeno caseto de madeira, aberto a popa, para gardar algúns útiles, para facer certas operacións do proceso de cultivo (como o encordado) ou, simplemente, para gorecerse en caso de necesidade. Actualmente, este caseto pode verse só nas bateas máis antigas.
Os flotadores Os primeiros flotadores que sustentaban toda a estrutura eran os propios cascos dos barcos utilizados para contruí-la batea, pero pronto foron substituídos, primeiro, por grandes caixóns de madeira recubertos de cemento e logo por metal recuberto de fibra de vidro ou, actualmente, de poliéster.
A forma e o número de flotadores tamén foi cambiando co tempo. Houbo bateas dun único flotador central (que viña medir uns 12 x 5 x 2 metros) pero as actuais contan con 4 ou, normalmente, 6 grandes flotadores, segundo as dimensións da batea, que aseguran que esta se manteña a flote, aínda nos momentos en que o peso do mexillón que pende dela sexa moi elevado. Cómpre advertir que no cómputo da superficie máxima da batea (500 m²) non se ten en conta o espazo ocupado polos flotadores. Durante uns anos utilizáronse moito longos flotadores tubulares, do longo da propia batea, que pronto foron rexeitados porque rachaban con facilidade. Na actualidade, os de uso común son cilindros dispostos horizontalmente, de 2,20 m de diámetro e 4 m de xeratriz.
Aqueles primitivos flotadores de cemento (construídos sobre un caixón de madeira máis ou menos cúbico de, aproximadamente, 2 m de lado, impregnados en alcatrán -piche- e recubertos cunha tea metálica e, sobre esta, unha capa de cemento que a impermeabiliza) aínda poden verse aboiados en diferentes puntos da costa. Moitos foron destruídosNo Grove, por exemplo, utilizáronse para reencher canteiras abandonadas. pero noutros casos adaptáronse a novos usos, como casetos para gardar apeiros agrícolas.
O morto Na trabe central, trabe de amarre, suxéitase, mediante un colar provisto dun xiratorio, unha forte cadea que remata nun gran bloque de cemento, chamado morto, de 25-30 toneladas. A función deste morto é a de fixa-la batea, a modo de áncora, ó fondo do mar e evitar que as correntes a arrastren. A lonxitude da cadea de fixación ó morto depende da máxima preamar no lugar de fondeo e permite que a batea suba ou baixe segundo as mareas, así como un mínimo desprazamento horizontal. Habitualmente, a parte da batea na que se amarra o morto pasa a considerarse a proa.
Existe algunha batea con dous mortos, un a proa e outro a popa, pero o normal é que conten cun único morto, o que permite que a batea xire sobre o punto de fondeo. Esta disposición fai que a proa da batea estea sempre enfrontada ás correntes mariñas.
Ó primeiro, os mortos facíanse cun gran bloque de pedra no que se atravesaba un pasador ó que se suxeitaba a cadea cun grillón. Logo fixéronse cun encofrado que se enchía de cemento armado, cun ferro dobrado no medio, ó que se suxeitaba a cadea. Actualmente fanse de formigón armado con fortes mallas de aceiro entre as que se fixa o chicote da cadea. A forma pode ser cuadrangular (coa base máis ancha), troncopiramidal ou troncocónica.
As cordas miniatura|180px|Detalle dunha corda de batea baleira, cos tarugos de plástico. miniatura|180px|Detalle dunha corda de batea