260px|miniatura| O río Ucayali en Pucallpa O Ucayali é un longo río peruano, considerado como un dos brazos principais do curso alto do río Amazonas, do que se coida a orixe mesma. O sistema Amazonas-Ucayali eleva a lonxitude do primeiro até os 6.275 km.

Percorrido O río Ucayali nace na rexión homónima, no Perú, da confluencia dos ríos Apurimac e Urubamba, no nordeste dos Andes centrais. Corre, en suave pendente cara ao noroeste do país até xuntarse co río Marañón, preto da poboación de Nauta, na Rexión de Loreto, dando dese xeito a unha dobre fonte para o Amazonas. Desde a confluencia do Apurimac e o Urubamba, a lonxitude do Ucayali é de 1.600 km.

O seu curso total atinxe os 2.670 quilómetros de lonxitude, se se toma como nacemento o do río Apurimac, que ten lugar no Nevado de Mismi, a uns 160 km ao oeste do lago Titicaca. miniatura|175px|dereita|Nacemento do Ucayalai no Nevado Mismi sinalado cunha simple cruz de pau.

Afluentes Os tributarios máis importantes do Ucayali son o Urubamba, o Cohenga, o Tahuania, o Sheshea, o Tamaya, o Tapiche, o Pachitea e máis o Aguaytía.

Portos fluviais Do total do percorrido do Ucayali, uns 1.500 son navegábeis para embarcacións de até 3.000 tm. Os portos principais nas súas beiras son as cidades de Pucallpa, Contamana e Requena.

Véxase tamén

Outros artigos Río Apurimac Río Marañón

Categoría:Ríos do Perú Categoría:Afluentes do Amazonas