260px|miniatura|O río Cinca nos arredores de Aínsa O río Cinca é un curso fluvial aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.
Percorrido O Cinca nace nos Pireneos, no lago de Pineta a uns 2.500 msnm, baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara a oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río co Ebro.
Afluentes Pola dereita: Ara. Vero. Alcanadre (cos subafluentes Flumen, Isuela e Guatizalema).
Pola esquerda: Cinqueta. Esera (co Isábena). Sosa.
Límite lingüístico O curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado co aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalá occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalá do seu curso.
Explotación No curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano
Protección ambiental No seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, a contorna do sistema Segre-Cinca está protexido como Espazo de Interese Natural.
Cinca, Rio Cinca