Taranis é un grupo galego que desenvolveu a súa actividade entre 1979 e 1990, regresando en 2019. Categorizado como un grupo de folk, Taranis tivo a característica de ser un proxecto pioneiro na fusión de estilos, ligando a música de raíz con outros xéneros como o funk, o jazz ou o rock e mesturando, por primeira vez na Galiza, a gaita con instrumentos contemporáneos como a guitarra eléctrica.
Características A pesar de que o peso do proxecto tendía cara á música instrumental, iso non impediu que o grupo fixese tamén varios temas cantados. O resultado final da maior parte dos seus traballos segue unha tendencia moi próxima ao rock progresivo, aínda que en certos temas poidan aproximarse a xéneros como o jazz rock.
As melodías do primeiro disco, Ith-Gael (Ruada, 1980), foron empregadas frecuentemente como cabeceira de distintos programas de televisión e radio, polo que a popularidade do grupo foi aumentando. Cando sae o segundo disco, Taranis (Edigal, 1985), o grupo era unha das formacións folk que máis concertos daba ao ano, visitando tamén diversos países europeos.
Outros traballos foron o Sinfonía do Cebreiro (Sons Galiza, 1990). No ano 2002 o xornal La Voz de Galicia editou un recompilatorio (considerado como o seu cuarto álbum) en CD para a súa colección Son de Galicia.
O seu último traballo 'Mundo Idiota' é o seu quinto álbum. Contén catorce cancións en galego.
Discografía Ith-Gael (1980) Taranis (1985) Sinfonía do Cebreiro (1990) Recompilación. Disco recompilatorio editado para a colección Son de Galicia do xornal La Voz de Galicia (2002) Mundo Idiota (2019) (2019) Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Taranis Categoría:Grupos musicais formados en 1979