miniatura|left|Subestación eléctrica en Čerepova, Daugavpils. A economía de Letonia creceu máis do 10% ao ano entre 2006 e 2007, pero entrou nunha recesión o 2008 como resultado dun déficit orzamentario insustentable e unha gran débeda externa. Coa creba do segundo maior banco do país, a economía contraeu nun 18% o 2009. O país foi un dos máis afectados pola crise, pero por formar parte da Eurozona nese momento, non atraeu a atención dos medios de información.

A partir de 2010, a situación mellorou e en 2012 a economía letoa creceu o 5,6%, aínda que non se recuperaron os valores previos á crise. O Fondo Monetario Internacional destacou a Letonia como exemplo do éxito das políticas económicas anticrise baseadas no recorte de gastos.

A economía letoa baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unha economía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de paro e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais. As exportacións contribúen con case 1/3 do PIB.

A moeda nacional foi até o 31 de decembro de 2013 o lats letón (100 santami), substituído polo Euro no 2014, cando Letonia se uniu á Eurozona..

Notas