San Vicente da Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz-Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2024 tiña 333 habitantes (171 homes e 162 mulleres), 95 menos ca en 2011.
Patrimonio
Pedra Alta de Antela
Igrexa parroquial, construída en 1950.
A Abeleda na cultura popular galega Rivas Quintas recolleu no lugar de Fondo de Vila a seguinte oración para bendicir o pan: "Que Deus te acrecente e o señor San Vicente e a Santa Mariña, pra que te fagan vir axiña".Lémbrese que San Vicente é o patrón da parroquia. Rézase no momento de meter o pan no forno, facendo sobre el o sinal da cruz. Tamén recolleu oracións parecidas nos concellos ourensáns de Bande e Entrimo, próximos a Xunqueira: "Que Deus te avente con San Vicente. Que Deus te levede con San Mamede".Elixio Rivas Quintas: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978, px. 109.
Lugares e parroquias Lugares da Abeleda
Parroquias de Xunqueira de Ambía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Xunqueira de Ambía
Categoría:Parroquias de Xunqueira de Ambía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente