Aleardo Aleardi, de nome real Gaetano Maria Aleardi, nado en Verona o 14 de novembro de 1812 e finado en Florencia o 17 de xullo de 1878, foi un poeta romántico de moita sona na segunda metade do século XIX.

Traxectoria Tomou parte na insurrección contra do dominio da Lombardía polos austríacos (1848), estivo encarcerado en 1852 e en 1859, foi deputado e senador. A súa poesía, escasa en cantidade recollida en boa parte en Canti (1864), concéntrase en dous temas: a patria e a historia.

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Políticos de Italia Categoría:Nados en Verona Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1878