Luís Cília, nado no ano 1943 en Huambo (Angola), é un compositor e intérprete portugués.
Traxectoria Luís Cília destacou coa canción protesta no exilio (en Francia), onde denunciou a guerra colonial e a falta de liberdade en Portugal. Unha das súas cancións máis coñecidas dese período é "Avante camarada", que se converteu nunha especie de segundo himno do Partido Comunista Portugués.
Retornado a Portugal en 1959, para continuar os seus estudos, en 1962 coñece ó poeta Daniel Filipe que o alentou a musicar poesía. Datan dese ano as súas primeiras experiencias nese campo ("Meu país", "O menino negro não entrou na roda" etc.), máis tarde incluídos no seu primeiro disco, gravado no estado francés, para a editora Chant du Monde.
En abril de 1964 partiu para París, onde viviu até 1974. En Francia estudou guitarra clásica con António Membrado e composición con Michel Puig. Os seus primeiros traballos sairán só no estado francés, debido a problemas coa censura portuguesa. O primeiro traballo en aparecer tamén en Portugal será Contra a ideia da violência a violência da ideia, de 1973. Entre 1964 e 1974 realizou recitais en case todos os países de Europa, entre eles o I Festival da Canción Ibérica de 1970, onde compartiu escenario con Paco Ibáñez, Xavier Ribalta, Miro Casabella e José Afonso, entre outros.
Luis Cilia volve a Portugal o 30 de abril de 1974, só seis días despois da Revolución de Abril, e dende entón continuou gravando discos, como compositor e intérprete, realizando tamén multitude de recitais. Como intérprete, gravou dezaoito discos, algúns deles adicados a poetas, como Eugénio de Andrade ("O peso da sombra"), Jorge de Sena ("Sinais de Sena"), ou David Mourão Ferreira ("Penumbra"). Nos últimos anos vense adicando soamente á composición, especialmente para teatro, coreografía e cine.
O 9 de xuño de 1994 foi feito Oficial da Orde da Liberdade portuguesa.
Discografía 1964: Portugal-Angola: Chants de Lutte 1965: Portugal Resiste 1967: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 1 1967: O Salto 1969: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 2 1971: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 3 1973: Contra a ideia da violência a violência da ideia 1973: Meu País (reedición ampliada de Portugal,Angola - Chants de Lutte). 1974: O guerrilheiro 1974: O povo unido jamais será vencido 1975: Resposta 1976: Memória 1978: Transparências 1980: O peso da sombra - A poesia de Eugénio de Andrade 1981: Marginal 1982: Cancioneiro (reedición d'O guerrilheiro) 1983: Contradições 1985: Sinais de Sena - A poesia de Jorge de Sena 1987: Penumbra - A poesia de David Mourão Ferreira 1988: A Regra do Fogo - Música para bailados 1995: Bailados - Música para bailados 1996: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours (recompilatorio lanzado no Estado francés dos LP's de 1967, 1969 e 1971).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Cantautores Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados na provincia de Huambo Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades sen imaxes