A bandeira das Illas Feroe, tamén coñecida como Merkið en feroés, que significa "a bandeira", consiste dunha cruz nórdica de cor vermella perfilada en azul sobre un pano de cor branca. É semellante ao deseño doutras bandeiras nórdicas, unha tradición estabelecida pola Dannebrog de Dinamarca, da cal as Illas Feroe son un territorio autónomo.*

As proporcións da cruz nórdica da bandeira son de 6-1-2-1-6 partes no ancho da bandeira e de 6-1-2-1-12 partes ao longo da bandeira.

Historia miniatura|dereita|A bandeira orixinal exhíbese na Igrexa de Fámjin. A Merkið foi deseñada por uns estudantes feroeses en Copenhague e máis tarde levada ás illas Feroe, onde foi izada o 22 de xuño de 1919. Tras unha década, o seu uso popularizouse, pero seguiu a ser extraoficial.

En abril de 1940, as tropas alemás do Terceiro Reich invadiron Dinamarca, e o exército británico tomou o control das illas. Para distinguir os barcos feroeses dos barcos da Dinamarca ocupada, o 25 de abril de 1940, as autoridades británicas aprobaron a bandeira como estandarte das Illas Feroe.

Co acceso das illas ao autogoberno, o 23 de marzo de 1948, recoñécese oficialmente á Merkið como a bandeira nacional das Illas Feroe, e declárase o 25 de abril como Día da Bandeira.

Simbolismo A cor branca predominante na bandeira representa a pureza do ceo e a escuma das ondas ao bateren contra as costas das illas. As cores vermella e azul atopámolas nos traxes tradicionais dos feroeses, así como tamén nas bandeiras de Noruega e Islandia, representando os vínculos das Illas Feroe con outros países nórdicos.Smith/Neubecker: Wappen und Flaggen aller Nationen. München 1981;

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Símbolos das Illas Feroe Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Dinamarca Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras coa cruz nórdica Categoría:Bandeiras introducidas en 1940