Aleksandr Mikhailovich ProkhorovTamén romanizado como Alexander Prochorow. (en ), nado en Atherton (Australia) o 11 de xullo de 1916 e finado en Moscova 8 de xaneiro de 2002, foi un físico e profesor universitario soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964.
Traxectoria Naceu en Australia, nunha familia de inmigrantes rusos. Os seus pais volveron á Unión Soviética en 1923. En xuño de 1941, empezou o seu servizo no Exército Vermello. Participou na segunda guerra mundial e foi ferido dúas veces. Logo da súa segunda ferida en 1944, foi desmobilizado.
Prokhorov foi físico e profesor na Universidade Estatal de Moscova. En 1964 compartiu o Premio Nobel de Física con Nikolai Basov e Charles Hard Townes, polo seu traballo pioneiro en láseres e máseres. Foi editor en xefe da Grande Enciclopedia Soviética desde 1969. Desde 1973 e ata 2001 Prokhorov foi presidente do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova.
Despois da súa morte a Instituto de Física Xeral a Academia de Ciencias de Rusia foi renomeada por Instituto de Física Xeral A. M. Prokhorov da Academia de Ciencias de Rusia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1964
Categoría:Físicos da Unión Soviética Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Queensland Categoría:Premios Nobel de Rusia Categoría:Premio Lenin Categoría:Heroes do Traballo Socialista