Gaceta de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1879 e 1918.
Historia e características miniatura|esquerda|Redacción en 1904: Dámaso Carrero, José Caramelo, Antonio Fernández Tafall e Constantino Martínez Soto. Apareceu o 1 de xaneiro de 1879, como continuación de El Diario de Santiago, con Manuel Bibiano Fernández como propietario e primeiro director. Foi un periódico de orientación política liberal vinculado a Eugenio Montero Ríos, polo que foi cualificado de "monterista". En 1887 dirixiuno Joaquín Arias Sanjurjo e ao ano seguinte Manuel Álvarez Uzal. Foi o seu redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Dende o 30 de decembro de 1892 exerceu como director Antonio Fernández Tafall. Cesou a súa publicación en outubro de 1915 pero reapareceu de inmediato, o 1 de febreiro de 1916, refundido con Voz del Pueblo e con Ramón Rivera Torres como propietario e director. En novembro de 1917 pasa a dirixilo o avogado Francisco Vázquez Enríquez, e comezan as colaboracións de Valentín Paz-Andrade. O 30 de novembro de 1918 desaparece definitivamente. Foi substituído por El Noticiero Gallego.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Gaceta de Galicia. Letras, artes, industrias, actualidades, etc.
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos
Categoría:1879 en Galicia