Alexandre Alekhine,Nome da súa nacionalización como cidadán francés. Vexa Journal Officiel de la Republique Française. nado como Aleksandr Aleksandrovich Alekhin (en ruso Александр Александрович Алехин) en Moscova en 1892 e finado en Estoril en 1946, foi un xadrecista ruso, nacionalizado francés. Foi un dos máis grandes campións mundiais, coñecido polo seu estilo agresivo.

Traxectoria Alekhine naceu no seo dunha familia rica de Moscova. O seu pai era terratenente e membro da Duma e a súa nai era filla dun rico industrial. En 1909 obtivo a súa primeira vitoria, ao gañar o Torneo Afeccionado de Rusia en San Petersburgo cunha puntuación de doce vitorias, dúas derrotas e dous empates. Grazas a este torneo obtivo o título de mestre nacional.

No gran torneo de 1914 en San Petersburgo, coa participación da maioría dos mellores xogadores do mundo (coa excepción dos do Imperio Austrohúngaro), quedou terceiro tras Lasker e Capablanca. Ao concluír este torneo, o Tsar Nicolao II proclamou aos cinco gañadores de premios (Lasker, Capablanca, Alekhine, Tarrasch e Marshall) como "Grandes Mestres do Xadrez".

Despois da Revolución Rusa, en 1919, foi acusado de espionaxe e encarcerado en Odesa. Ao ser liberado marchou a Francia en 1921. En 1925 obtivo a cidadanía e entrou na facultade de leis da Sorbona. A pesar de non rematar a tese, foi coñecido como Doutor Alekhine o resto da súa vida.

miniatura|esquerda|250px|Alexander Alekhine e José Raúl Capablanca

En 1927 venceu a Capablanca en Buenos Aires e converteuse en campión do mundo ata 1935, cando perdeu fronte a Max Euwe, derrota atribuída ao abuso do alcohol. En 1937 recuperou o seu título. Durante a segunda guerra mundial xogou torneos en Alemaña e en territorios ocupados por ela. En 1941 apareceron artigos antisemitas co seu nome no Pariser Zeitung, e aínda que non se demostrou a súa veracidade, foi acusado de colaborar co inimigo.

Morreu mentres estudaba xogadas para o seu enfrontamento con Mikhail Botvinnik nun hotel de Estoril.

Xogo

Alekhine foi un ávido estudante do xogo. Algunhas aperturas e variacións levan o seu nome, sendo a máis coñecida a chamada defensa Alekhine: 1.e4 ♞ f6.

A idea básica da defensa Alekhine é provocar o avance prematuro dos peóns brancos. Unha continuación típica seria 2.e5,♞d5;3.c4,♞b6;4.d4, co que se consegue o avance dos peóns brancos, facendo que se fagan débiles para máis tarde ser obxectivo das negras.

Predecesor:José Raúl CapablancaCampión do mundo de xadrez1927–1935Sucesor:Max EuwePredecesor:Max EuweCampión do mundo de xadrez1937–1946Sucesor:Mikhail Botvinnik

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Encontros polo campionato do mundo de xadrez

Ligazóns externas

Categoría:Xadrecistas de Francia Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Grandes Mestres de xadrez