A Ría de Aldán é unha enseada Durán et al. 2000 "Aplicación del Sonar de Barrido Lateral a la cartografía de fondos marinos. Ejemplo de la Ría de Pontevedra (Galicia, NO España)" galega que forma parte do conxunto das rías Baixas.
Contexto xeográfico Ten forma triangular. Sitúase no extremo da península do Morrazo, coa súa boca ao final da ría de Pontevedra. O río que desemboca ao comezo da enseada é o Orxas.
Poboacións Tres parroquias dan ás súas costas: O Hío e Aldán (pertencentes ao concello de Cangas de Morrazo), e Beluso (pertencente ao concello de Bueu). Posúe un porto pesqueiro, o de Aldán, e un deportivo, no Hío.
Praias Posúe numerosas praias, varias con Bandeira Azul. Nas costas de Aldán atópanse as praias de San Cibrán, Areacova, Francón, Menduíña e Lagoelas. En Beluso atópanse Area de Bon, Lagos e Ancoradoura. No Hío destacan Vilariño, Castiñeiras e Areabrava. As praias que conseguiron en polo menos unha ocasión a denominación de bandeira azul son Menduíña, Areabrava e Vilariño. Notas
Aldan