Jesús Eguiguren Imaz, nado en Aizarna (Zestoa, Guipúscoa) o 2 de xuño de 1954, é un profesor universitario, xurista e político socialista da Comunidade Autónoma do País Vasco.
Traxectoria Doutorouse en Dereito, é membro do Parlamento Vasco polo Partido Socialista de Euskadi desde 1982, onde chegou a ser Presidente de 1988 a 1991. É Presidente do Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra e, con anterioridade, foi Secretario Xeral do mesmo partido en Guipúscoa. Tamén é membro do Comité Federal do PSOE.
Jesús Eguiguren participou e foi clave nos contactos previos con membros de ETA e Batasuna, desde 2002 cando era Presidente do Goberno José María Aznar, que no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero permitiron a declaración de alto o fogo permanente e o proceso de paz coa organización, máis tarde frustrado por un atentado da mesma organización"Así fue el diálogo con ETA", El País, 10 de xuño de 2007 ..
Ten publicado distintos ensaios políticos: El PSOE en el País Vasco, 1886-1986, Euskadi, tiempo de conciliación, El socialismo vasco y la izquierda vasca, 1886-1994, Los últimos españoles sin patria (y sin libertad), e La crisis vasca. Entre la ruptura y el diálogo.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Nados en Zestoa