Seguíanlle chamando Trindade (en ) é unha película italiana de 1971 dirixida por E.B. Clucher. É a secuela da exitosa comedia spaghetti western de 1970 Chamábanlle Trindade.

Foi gañadora en 1973 do galardón "Golden Screen", do Feltival alemán do mesmo nome.

A súa duración orixinal é de 113 minutos, pero na versión de DVD recortáronse algunhas tomas, quedando en 107.

Sinopse

Logo de se reencontraren na casa familiar, "Trinità" e o seu irmán "Bambino" deciden comezar a súa serie de fechorías, na que un ensinaría ó outro os trucos nos que é especialista, co atraco a unha carreta. Pero a pobreza dos seus propietarios lévaos a seguir adiante, chegando a unha vila onde os toman por axentes federais. Logo de seren corrompidos por un foraxido local, dan cunha misión relixiosa, onde ten lugar unha gran pelexa.

Véxase tamén Ligazóns externas Trailer en Youtube .

Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego