Wilhelm Steinitz, nado en Praga o 17 de maio de 1836 e finado en Nova York o 12 de agosto de 1900, foi un xogador de xadrez austríaco. Está considerado o primeiro campión mundial deste deporte.
Traxectoria miniatura|esquerda|Steinitz en 1866
Na primeira parte da súa carreira, o xogo de Steinitz era similar ao dos seus contemporáneos Adolf Anderssen ou Paul Morphy, caracterizado por rápidos ataques ao rei e preferencia por aperturas de gambito. Pero gradualmente Steinitz foi desenvolvendo un estilo propio, que é a fundación do estilo posicional, sen o cal seria imposible comprender o xadrez moderno. Trazos distintivos do estilo maduro de Steinitz son a fe na defensa, o uso do rei como peza activa ata en etapas temperás do xogo e un estudo profundo da estrutura de peóns.
Tras declararse a si mesmo campión mundial de xadrez en 1866 tras a súa vitoria sobre Anderssen, defendeu o seu título con éxito en catro ocasións: contra Johannes Zukertort en 1886, Mikhail Chigorin en 1889 e 1892 e Gunsberg en 1891. O seu reinado concluíu cando caeu ante Emanuel Lasker en 1894. O encontro celebrouse en Nova York, Filadelfia e Montreal. Terminou co triunfo de Lasker (+10 -5 =4). En 1896-7 en Moscova xogou o encontro de desquite contra Lasker, volvendo a perder (+10 -2 =5).
Na última etapa da súa vida perdeu a razón, cando xa o seu nivel de xogo decaera notablemente. Foi recluído nun sanatorio mental. Nesta época pronunciou a súa famosa frase: "Podo xogar con Deus e darlle un peón de vantaxe".
1º Campión do mundo: Wilhelm SteinitzCampión do mundo de xadrez 1866–1894Sucesor:Emanuel Lasker
Véxase tamén Outros artigos Encontros polo campionato do mundo de xadrez
Ligazóns externas
50 posicións críticas nas súas partidas.
Categoría:Campións do mundo de xadrez Categoría:Xadrecistas de Austria Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Nados en Praga Categoría:Xadrecistas do século XIX