Alfonso Pexegueiro González, nado en Angoares (Ponteareas) o 19 de abril de 1948, é un escritor galego.
Traxectoria Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 como fundador do Grupo Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia. miniatura|Pexegueiro en 2024. Obra en galego Poesía Seraogna (Grupo Rompente, 1976"Reclamo a palabra exiliada de Alfonso Pexegueiro" , artigo de Manuel López Foxo en Terra e Tempo, 22 de febreiro de 2011.; 2ª edición: Biblioteca das Letras Galegas, Xerais, 1997).Despois incluído na Biblioteca Galega 120. 2025: Medulia, ISBN 978-84-10324-75-6. Mar e naufraxio (Cíes, 1978). Círculos de auga (Akal, 1979). O pabellón das hortensias azuis, (Edición de autor, 1983). A illa das mulleres loucas (Llibres del Mall, edición bilingüe catalán-galego, 1984; castelán-galego, 1986), (Galaxia, 2004. Con CD música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa). ¿Serán os cisnes que volven? (Xerais, 1995). Hipatia (Xerais, 1998). Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga, 1979; Mar e naufraxio, 1978; O pabellón das hortensias azuis, 1983; ¿Serán os cisnes que volven?, 1995; O reiseñor dos Balcáns, 1999) (Xerais, 2000). Publicado polo Concello de Ponteareas en 2018: Blasfemias de silencio (De Seraogna aos Balcáns). O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África), con debuxos de Xosé Freixanes (Xerais, 2005). Editado en castelán por Lumen en 1994.
Narrativa Relatos para salferir (Xerais, 1981), co título El Desert de Nabalpam (Llibres del Mall, 1985), e co título O deserto de Nabalpam (Espiral Maior, 2003). Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos, carpeta co pintor Xosé Freixanes (1988). Desatinos dun maldito (Xerais, 1991).
Teatro Lapsus (Axóuxere, 2014).
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. En edición bilingüe galego-castelán.
Obra en castelán Narrativa Dados blancos (Caballo de Troya, 2004). Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes (Lumbria, 2023). Poesía
Rizo y Riza. Un brindis por la duda (Lumbria, 2021).
Premios Premio da Crítica de Galicia en 1978 por Mar e naufraxio. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2014, por Lapsus.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina en Editorial Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1948