O lago das garzas azuis é un libro de Alfonso Pexegueiro ilustrado por Xosé Freixanes. Publicado por vez primeira en maio de 1994, da man da Editorial Lumen (Barcelona) en castelán, Edicións Xerais publicouno por vez primeira en outubro de 2005.

É un conto en verso sobre a infancia. Fala dos nenos do mundo, con especial atención ós que viven en situación de pobreza. Os nenos buscan o Lago das Garzas, baixo as areas do deserto de Nabalpam, e escapan dos Cazadores de Reiseñores Brancos.

As ilustracións son de Xosé Freixanes. O deseño da portada é a varias cores, e os deseños interiores adoitan ser un debuxo en azul, ás veces acompañados dunha foto en branco e negro. Notas

Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Obras literarias en galego