John Hasbrouck van Vleck, nado en Middletown (Connecticut) o 13 de marzo de 1899 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 27 de outubro de 1980, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1977.
Biografía Estudou física na Universidade Harvard, e posteriormente, en 1923, ingresou como profesor auxiliar na Universidade de Minnesota. Foi designado profesor de física na Universidade de Wisconsin, onde tivo como alumno a John Bardeen, e finalmente estableceuse en Harvard. Investigacións científicas esquerda|miniatura|300px|Sexta Conferencia Solvay (1930). John Hasbrouck van Vleck é o terceiro da fila posterior pola dereita, no medio de Yakov Dorfman e Enrico Fermi. Van Vleck desenvolveu as teorías fundamentais da mecánica cuántica do magnetismo e da vinculación nos complexos do metal.
Vleck participou no Proxecto Manhattan servindo no Comité Científico de Los Álamos en 1943. Este comité decidiu reducir o tamaño da arma nuclear e acelerar a produción da bomba para o seu lanzamento sobre a cidade xaponesa de Hiroshima.
En 1977 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Philip Warren Anderson e Nevill Francis Mott, polas súas investigacións sobre o ferromagnetismo e a supercondutividade.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1977 .
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Connecticut Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América