Miguel Nicolaevich de Rusia, nado o 13 de outubro de 1832 e finado o 18 de decembro de 1909, foi o cuarto fillo de Nicolao I de Rusia e Carlota de Prusia e como tal obstentou o título de Gran Duque de Rusia.
Traxectoria Foi mariscal de campo da Mariña Imperial Rusa. De 1862 a 1882 residiu en Tbilisi como Gobernador Xeral do Cáucaso, durante a Guerra Ruso-Turca de 1877-1878 foi o comandante en xefe das tropas imperiais rusas no Cáucaso. En 1881 o emperador Alexandre III de Rusia nomeouno presidente do Consello de Estado.
Matrimonio e descendencia Casou o 16 de agosto de 1857 coa princesa Icía de Baden, filla do gran duque Leopoldo I de Baden e Sofía de Suecia, quen adoptou o nome de Olga Fedorovna, e coa que tivo sete fillos:
Gran duque Nicolao Mikhailovich de Rusia (1859-1919) Gran duquesa Anastasia Mikhailovna de Rusia (1860-1922) Gran duque Miguel Mikhailovich de Rusia (1861-1929) Gran duque Xurxo Mikhailovich de Rusia (1863-1919) Gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia (1866-1933) Gran duque Sergei Mikhailovich de Rusia (1869-1918) Gran duque Alexei Mikhailovich de Rusia (1875 - 1895)
Devanceiros Devanceiros de Miguel Nikolaevich Romanov
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ZEEPVAT, Charlotte, "The Camera and the Tsars", Sutton Publishing, 2004 Outros artigos
Alexandre I de Rusia
Categoría:Imperio Ruso Categoría:Militares de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Dinastía Romanov