O Consello d'a Fabla Aragonesa, normalmente abreviado en Consello, é unha asociación cultural nacida en 1976 e recoñecida legalmente en 1978, e cuxo ámbito territorial é Aragón.

Os fins desta asociación son a defensa, promoción e extensión da lingua aragonesa en todos os seus aspectos: historia, literatura, gramática, léxico, toponimia, folclore, consideración social e legal, pedagoxía, didáctica etc., con especial fincapé no estudo, protección e desenvolvemento de todas as súas variantes locais e comarcais, as cales son a base do aragonés común ou estándar.

As actividades do Consello baséanse en tres principios: Actitude respectuosa á realidade trilingüe de Aragón. Non adscrición colectiva a ningunha asociación política, sindical ou relixiosa. Liberdade ideolóxica das persoas que o forman.

Os órganos de goberno do Consello son a Asemblea Xeral (Asambleya Cheneral) de conselleiros e a Xunta Directiva (Chunta Direutiba), cuxa composición e atribucións están regulados nas Ordinazions de o Consello. O presidente actual (desde 2004) é o escritor Chusé Inazio Nabarro.

Desde a súa creación, o Consello traballou na dignificación do idioma aragonés, contribuíndo a crear un estado de opinión favorable ao redor desta pequena lingua romance e difundindo o seu coñecemento a través de diversas publicacións, como Fuellas e Luenga & fablas. O seu director de publicacións é o filólogo Francho Nagore. É de feito a asociación de referencia da lingua aragonesa dentro de Aragón, sendo órgano de consulta obrigado por parte das institucións en cuestións de normalización do aragonés.

Véxase tamén

Ligazóns externas Consello d'a Fabla Aragonesa

Categoría:Lingua aragonesa