Armando Anthony "Chick" Corea, nado en Chelsea (Massachusetts) o 12 de xuño de 1941 e finado o 9 de febreiro de 2021, foi un pianista, teclista e compositor estadounidense. Os seus xéneros musicais foron o jazz e as súas variantes, como o post-bop e o contemporáneo.
Traxectoria É coñecido polos seus traballos co xénero jazz fusion na década de 1970. Foi membro da banda de Miles Davis na década de 1960 e en 1970 formou o grupo Return to Forever. Tamén foi promotor da Ciencioloxía.
Nado en Chelsea, Massachusetts, descende de pai italiano e nai española. O seu pai, Armando, foi trompetista e líder dunha banda de Dixieland na rexión de Boston nas décadas de 1930 e 1940, e presentoulle o piano coa idade de catro anos. Medrando rodeado da música do jazz, Chick Corea recibiu influencias de Dizzy Gillespie, Charlie Parker, Bud Powell, Horace Silver e Lester Young. Aos oito anos de idade, Chick Corea aprendeu a tocar o tambor, feito que influíu no seu posterior uso do piano como instrumento de percusión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Chick Corea no Acid Jazz Hispano .
Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chelsea, Massachusetts Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2021