O faro de Punta Atalaia é un faro situado na costa cantábrica galega. Sitúase na punta Atalaia na costa de San Cibrao, parroquia de Lieiro, no concello de Cervo.

A súa aprobación data do 23 de xullo de 1861, non empezando a operar ata case tres anos despois, o 30 de maio de 1864, dentro de 'Plan general para el alumbrado marítimo de las costas y puertos de España', acadando a súa luz as nove millas e prestando servizo ó porto, daquela con tráfico das fábricas de Sargadelos. Foi construído en forma cuadrangular, cunha torre de pedra tronco-cónica que mira ó norte, elevándose 37 m. sobre o nivel do mar. No ano 1927, a antiga torre foi substituída por unha de metal, e a lanterna por outra cilíndrica de 1,8 m de diámetro. Dous anos despois, a instalación dun gasóxeno permitiu acadar as 12 millas, e no 1953 electrificouse.

No presente, e a raíz da instalación da fábrica de alumina-aluminio, foi construído un novo faro no ano 1979, situado a beira do anterior, en formigón, elévandose 94 metros sobre o nivel do mar e cun un alcance de 20 millas.

Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Desde 2008 é supervisado de xeito remoto.

Características   Faro de San Cibrao (Punta Atalaia) Código D-1676 Descrición Torre Circular Altitude 14 m. Características Gp D (5) B 20s Período (0.3+<2.2>)*4+0.3+<9.7>=20 Alcance 20 millas náuticas

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de faros de Galicia Ligazóns externas O faro de Punta Atalaia en Turgalicia

Categoría:Cervo Punta Atalaia