Acontecementos Concordato do Estado español coa Santa Sé. Entre outras cousas o Concordato suprime o carácter da colexiata da igrexa Iria Flavia, que fica transformada nunha simple igrexa parroquial. 2 de abril - Primeira exhibición da luz eléctrica en Galicia: iluminación experimental (só durante dúas horas) do claustro da actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela "La luz que barrió las tinieblas", en La Voz de Galicia 23.05.2010.

Arte e cultura A expresión science fiction (ficción científica) é utilizada por primeira vez, sen o seu significado actual, no libro A Little Earnest Book upon a Great Old Subject do escritor inglés William Wilson. Publicación de Moby Dick, novela de Herman Melville.

Nacementos 15 de febreiro - Antero Rubín, militar e político galego. 15 de marzo - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (m. 1925). 28 de marzo - Bernardino Machado, dúas veces presidente da República Portuguesa (m. 1944). 3 de maio - Cayetano Aldrey Salvado, mestre e filólogo galego (m. 1922). 1 de xuño - Isaac Peral, enxeñeiro español, inventor do submarino. 15 de setembro - Manuel Curros Enríquez, poeta galeguista (m. 1908). 16 de setembro - Emilia Pardo Bazán, escritora galega en lingua castelá (m. 1921). 12 de outubro - Santiago de la Iglesia Santos, médico e naturalista galego (m. 1931). 30 de novembro - Andrés Muruais, escritor e xornalista galego (m. 1882).

Mortes 1 de febreiro - Mary Shelley, escritora inglesa (n. 1797). 18 de febreiro - Carl Gustav Jacob Jacobi, matemático alemán (n. 1804). 4 de marzo - Karl Lachmann, filólogo alemán (n. 1793). 9 de marzo - Hans Christian Ørsted, físico e químico danés (n. 1777). 10 de xullo - Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía). (n. 1787). 14 de setembro - James Fenimore Cooper, escritor norteamericano. 19 de decembro - William Turner, pintor inglés (n. 1775). Sebituané, xefe Kololo, do grupo tribal sotho.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1851