El Rubio é unha localidade andaluza, pertencente á provincia de Sevilla. No ano 2009 tiña 3.567 habitantes.
Demografía Evolución demográfica1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2009 3.702 3.710 3.702 3.719 3.700 3.654 3.622 3.586 3.584 3.587
Xeografía No ano 2005 contaba con 3.584 habitantes. A súa extensión é de 21 km² e ten unha densidade de 170,7 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 209 metros sobre o nivel do mar e a 102 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Está atravesado polo Arroio Blanco, un importante afluente do río Genil.
Historia Non hai testemuños históricos da existencia real de El Rubio ata época medieval, se ben é posíbel que estivese poboado xa dende os romanos. Logo da conquista cristiá destas terras, producida en 1248 por tropas ao mando de Fernando III de Castela, o territorio que agora ocupa El Rubio foille doado á Orde de Santiago en 1267, ao igual ca outras vilas e propiedades da comarca da Estepa. No século XVIII pasa a ser propiedade dos duques de Osuna, ata a desamortización. A poboación viuse moi afectada no século XX pola emigración.
Véxase tamén Ligazóns externas
El Rubio - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
Rubio, El