Santalla de Rioaveso é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, provincia de Lugo, pertence ao arciprestado de Vilalba, delimitada polas parroquias de San Xurxo de Rioaveso, Román e Árbol polo norte; Sistallo polo sur; Árbol e Sistallo polo leste; San Xurxo de Rioaveso e Oleiros polo oeste.

Os seus 210 habitantes (2011) encóntranse agrupados en 17 entidades de poboación nunha extensión de 5 km² e cunha densidade media de 42 hab/km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 279 habitantes.

Historia

O edificio da casa-escola de Rioaveso, construído coas achegas dos veciños e do filántropo José Cendán Castro, inaugurouse o 25 de agosto de 1929 coa participación do gobernador civil Mariñas, Pablo Pena de Olano, Antonio García Hermida, o coronel Martínez Cabrera e o inspector Luís Soto Menor.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Rioaveso

Parroquias de Cospeito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito Ligazóns externas A parroquia de Rioaveso na web do concello de Cospeito

Categoría:Parroquias de Cospeito Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla