Óscar Ínsua Lema, nado en Corcubión en 1980, é un avogado e político galego do BNG.
Traxectoria miniatura|Papeleta electoral das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.
Licenciado en Dereito pola USC, universidade na que tamén obtivo o posgrao de Dereito Tributario e Contabilidade, e máster de Xestión Ambiental e Desenrolo Sustentable pola Universidade de Valencia. Dende moi novo militou en Galiza Nova, rama xuvenil do BNG. Durante o seu paso pola universidade, participou nos Comités Abertos de Faculdade (CAF), organización da esquerda nacionalista no ensino superior. Nas eleccións municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura do BNG en Corcubión e foi elixido concelleiro. Tralo pacto entre os nacionalistas e a única concelleira do PPdeG pasou a ser tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Medio Ambiente.
Trala dimisión do alcalde Rafael Mouzo en marzo de 2008 foi proposto como candidato do BNG á alcaldía, porén, a ruptura do acordo de goberno por parte da concelleira do PP supuxo que ambas formacións pasasen á oposición e que o PSdeG recuperase a alcaldía como forza máis votadaEl PSOE recupera la alcaldía de Corcubión al romperse el pacto entre BNG y PP. Desta forma pasou a se-lo portavoz municipal do BNG na oposición. Encabezou a candidatura do BNG nas municipais de 2011 pasando de 4 a 3 concelleiros, sendo de novo superado polo PSdeG, polo que continuou como portavoz na oposición. En maio de 2013 presentou a súa renuncia como portavoz e concelleiro, pasando a centrarse na súa actividade profesional como avogadoÓscar Insua deja la corporación de Corcubión, pero continúa en el BNG.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 foi elixido deputado pola provincia da Coruña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reseña biográfica na web do Parlamento de Galicia
Insua, Oscar Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Corcubión Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG