Galicia es una mierda é o segundo disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2008. Ademais de estar dispoñible en formato CD, pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo. O título foi decidido nunha votación aberta no seu blog. As outras opcións eran Arredor da cuestión nacional, A banda desdenhada e Siempre en Murcia.

Músicos Ademais dos cinco membros da banda no momento da gravación (Roi Vidal: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros e recitados; Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetanas, trompeta, guitarra acústica, trombón de serie B e coros; Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos e recitados; Miguel Mosqueira: guitarras acústicas, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros e voz; e Álex Charlón: voz), tamén participaron outros músicos: Xoel Méndez (banjo e cuatro), Paku Granja (voces), Juan José Carbonell (bongós), Iván Pantín (tuba), Xosé Lois García (piano, caixa e xilófono), Borxa Ínsua (serrucho), Andrea Zayas, da banda Sacha na Horta, (voz), Brais Ríos, tamén de Sacha na Horta, (acordeón), e Xoán Xosé Cruz, de Qronopios, (clarinete).

O disco rematouse de gravar o 31 de decembro de 2007. O técnico de son foi Yago Pico, e foi masterizado por Noel Feáns.

Lista de cancións "Akira Toriyama" "A granxa de Alexandre" "Nadina" "A banda desdenhada (entre o Leo e o mamoneo)" "Serafín" "I´m not your man" "Canción para pechar o Ruta" "Quero ser o malo da película" "Vista Alegre" "Arredor da cuestión nacional" "Galicia es una mierda" "O longo adeus" "Tres cantos a Lenin" "Invención da pólvora" (Bonus track)

Véxase tamén Ligazóns externas videoclip de "Serafín" dirixido por Ramiro Ledo Cordeiro

Categoría:Álbums de Ataque Escampe Categoría:Álbums musicais de 2008