miniatura|page=29|Cancioneiro Colocci-Brancuti Pedro Amigo de Sevilha ou Pedr'Amigo foi un trobador galego, activo durante a segunda metade do século XIII na Corte do rei castelán Afonso X O Sabio, en Sevilla.

Traxectoria Crese que era natural de Betanzos, estando rexistrada a súa condición de canónico nas catedrais de Oviedo e Salamanca. O último documento no que aparece citado é de 1308, polo que se cre que falecese nesa época. Compuxo trinta e seis cantigas que figuran no Cancioneiro da Ajuda, o Cancioneiro Colocci-Brancuti e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Neles atópanse catro cantigas de amor, 10 cantigas de amigo, 18 cantigas de escarnio, tres tenzóns e unha pastorela.

Bibliografía Vicente Beltrán, «Pedr'Amigo de Sevilha», Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Org. e coord. de Giulia Lanciani e Giuseppe Tavani, 2.ª ed., Lisboa, Editorial Caminho, 2000, pp. 519–520.

Amigo de Sevilha, Pedro Amigo de Sevilha, Pedro Categoría:Poetas de Galicia