miniatura|180px|Interior da torre de Caldaloba, onde Costanza e o seu marido Fernán Ares de Saavedra resistiron un ano o cerco do castelán Diego López de Haro. Costanza de Castro foi unha aristócrata galega de finais do século XV.
Traxectoria Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela Pérez Osorio, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Costanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana de Castela contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (San Martiño de Pino, Cospeito).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1454 Categoría:Finados en 1485 Categoría:Nados en Alfoz do Castrodouro Categoría:Nobres de Galicia do século XV