Germà Colón i Doménech, nado en Castelló de la Plana en 1928 e finado en Barcelona o 22 de marzo de 2020,S’ha mort el lingüista Germà Colón, víctima de la Covid-19 foi un lingüista románico e lexicólogo valenciano.

Traxectoria Foi catedrático da Universidade de Basilea e anteriormente profesor na Universidade de Estrasburgo (1968 - 1972) e da Universidade Autónoma de Barcelona (1973 - 1974). Converteuse en membro da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e mais da Comisión Lulliana a raíz da publicación das obras completas de Ramon Llull. Foi tamén Doutor honoris causa da Universidade de València e da Universidade de Alacant. Foi membro do consello asesor da colección Els Nostres Clàssics e do equipo editor da revista Estudis de Llengua i Literatura Catalanes. Foi conselleiro de honra da Asociación Internacional de Lingua e Literatura Catalás (da que foi presidente entre 1976 e 1982) e membro numerario do Institut d'Estudis Catalans (IEC). Foille outorgado o Premio Sanchis Guarner da Fundación Jaume I (1987), o Premio de Honra das Letras Valencianas (1988), o Premio Prat de la Riba do IEC (1979), o Premio Serra d'Or (1981), a Cruz de Sant Jordi (1985) e o Premio de Literatura da Generalitat de Cataluña (1987).

Doou a súa biblioteca persoal (máis de 20 000 obras) á Universidade Jaume I de Castelló de la Plana.

Obras El léxico catalán en la Romania (1976). La llengua catalana en els seus textos (1978) El panorama de la lexicografia catalana (1986). Problemes de la llengua a València i als seus voltants (1987) El español y el catalán, juntos y en contraste (1989). Estudis de filologia catalana i romànica (1997). Para la historia del léxico español (2002). De Ramon Llull al Diccionari de Fabra. Acostament lingüístic als monuments de les lletres catalanes (2003).

Notas

Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Lingüistas de España Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Basilea Categoría:Profesores da Universidade de Estrasburgo Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Valencia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Alacant Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Xaime I Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Catedráticos Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Personalidades sen imaxes