André Pena Graña, nado en Ferrol en 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en procesos históricos de longa duración e investigacións sobre a civilización celta.

Traxectoria Criouse en Menorca dos 7 aos 14 anos, logo volveu a Ferrol. Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. Isto permitiulle realizar o estudo, factográfico, inter e multidisciplinar, de longa duración, antes, durante, e logo da dominación romana dunha comarca: "A Terra de Trasancos".

Foi secretario de organización de tres congresos internacionais Os Celtas da Europa Atlántica I, II, III ; e, tamén secretario de organización do I Congreso del Instituto de Estudios Celtas Etnoarqueologia de los Celtas en Hispania;. Pena Graña é o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos. Activo defensor da civilización celta, de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica, restaurou, con base epistémica, os estudos celtas eliminados en Galicia trala guerra civil.

A súa aproximación con metodoloxía inter e multidiscipliar á arqueoloxía e á etnografía, creou un novo método que permite identificar institucións na prehistoria, unha nova rama da arqueoloxía, que vén enriquecer as xa existentes, desenvolvida na súa tese doutoral Treba e Territorium, chamada por Venceslás Kruta "Arqueoloxía Institucional".

Obra

Narón un concello con historia de seu, Volume I. Sotelo Blanco, 1991, ISBN 84-7824-089-6. Narón un concello con historia de seu, Volume II. Kadmos, 1992, ISBN 84-87674-32-1. "O territorio e as categorías sociais na Gallaecia Antiga: un matrimonio entre a Terra (Treba) e a Deusa Nai (Mater)". Anuario Brigantino,  1130-7625, Nº. 17, 1994, páxs. 33-78 "A importancia de Lóngaras" en Ferrolterra galaico-romana, coord. por V. Alonso Troncoso, 1997,  84-88991-12-6, páxs. 69-83 Narón un concello con historia de seu, Volume III. Sotelo Blanco, 2001, ISBN 84-7824-089-6. Narón. Unha historia ilustrada na Terra de Trasancos, xunto con Eva Merlán Bollaín e Alfonso Filgueira López. Baía Edicións, 1995, ISBN 84-87674-77-1. A orixe dos coutos, das xurisdicións dos escudos e das bandeiras municipais galegas. Narón: Vexiloloxía e heráldica. Concello de Narón, 2002, Depósito legal: C-1598/2002. Santa María Maior de O Val, Narón: Unha Parroquia con Celtas Reminiscencias na Terra de Trasancos. Fundación Terra de Trasancos, 2004. "Cerimonias celtas de entronización real na Galiza". Anuario Brigantino,  1130-7625, Nº. 27, 2004, páxs. 117-160 Treba y Territorium. Génesis y desarrollo del mobiliario e inmobiliario arqueológico institucional de la Gallaecia.Tese doutoral dirixida por Raquel Casal García (dir. tes.), José María Luzón Nogué (codir. tes.) USC (2004). "Rebe trasangiuge: una nueva lectura del epígrafe de Covas". Anuario Brigantino,  1130-7625, Nº. 28, 2005, páxs. 39-46 "Las Trebas, "tribus" celtas de Gallaecia y su constitución política: estudios de la Edad del hierro en el Noroeste Penínsular". Gallaecia,  0211-8653, Nº 25, 2006, páxs. 371-399 Santo André de Teixido: O Camiño dos Celtas. Equona 2006. "Túmulos, "Mouros", enanos, gigantes, salvaje caza: la etnografía gallega vista como registro arqueológico no intervencionista, en De cultura, lenguas y tradiciones: II Simposio de Estudios Humanisticos" (Ferrol, 14-16 novembro de 2006). Paz Romero Portilla (aut.), Manuel-Reyes García Hurtado (aut.), 2007,  978-84-9749-243-0, páxs. 229-246 "O ancestral Camiño de peregrinación ó fin do mundo: na procura do deus do Alén : Briareo, Berobreo, Breogán, Hércules, Santiago". Andrés Pena Graña, Alfredo Erias Martínez. Anuario brigantino,  1130-7625, Nº. 29, 2006, páxs. 23-39 "Galicia, cuna de los celtas de la Europa Atlántica". Anuario brigantino,  1130-7625, Nº. 30, 2007, páxs. 57-88 Industriais e Reais Fábricas de Narón en Tempos da Ilustración. Concello de Narón. 2007, ISBN 978 84 920185 8 1 "O misterio do trisquel na relixión celta ancestral: monoteísmo trinitario antecedente do presente cristián". Cátedra: revista eumesa de estudios,  1133-9608, Nº. 15, 2008, páxs. 167-236 "A cultura castrexa inexistente". Cátedra: revista eumesa de estudios,  1133-9608, Nº. 21, 2014, páxs. 91-156

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Blog [iniciativa Paz Andrade] de André Pena Graña Blog Historia de Narón de André Pena Graña Conferencias de André Pena

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1955 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela