miniatura|230px|Guillerme tiña importantantes posesións en Normandía. Na imaxe ruínas da abadía de Mortemer fundación de Henrique I en 1134 no señorío de Mortemer, posesión de Guillerme Guillerme II de Warenne, nado contra o ano 1071 e finado o 11 de maio de 1138, foi un nobre anglonormando, conde de Surrey e señor de Bellencombre e Mortemer.
Traxectoria Fillo do primeiro conde de Surrey, Guillerme I e da súa primeira muller, Guntred. Acompañou a Robert Courteheuse, duque de Normandía e irmán de Henrique I de Inglaterra na súa tentativa de invasión de Inglaterra de 1101. Despois do acordo dos dous irmáns, Guillerme perde as súas posesións inglesas e ten que se exiliar en Normandía. Con todo reconciliouse en Henrique e foi un dos seus comandantes na batalla de Tinchebray na cal se derrotou ao duque de Normandía. No ano 1110 o fillo de Robert, Guillerme Cliton coa axuda de Helías de Saint-Saens que era un dos encargados de custodialo, como consecuencia Guillerme de Warenne recibiu as terras confistadas a Saint-Saens.
No ano 1118 casou con Isabel de Vermandois, filla de Hugo I de Vermandois. Guillerme foi tamén un dos comandantes da batalla de Brémule e estivo no leito de morte do rei Henrique en 1135 e foi un dos cinco nobres que escoltaron o seu corpo ata Ruán.
Descendencia Coa súa dona Isabel tivo tres fillos e dúas fillas: Guillerme III de Warenne, o seu herdeiro como conde de Surrey Reginald de Warenne, herdeiro das propiedades en Normandía Ralph de Warenne Gundrada de Warenne Ada de Warenne que casou co fillo e herdeiro de David I de Escocia, Henrique de Escocia
Categoría:Nobreza Categoría:Nados en 1071 Categoría:Finados en 1138