Malcolm IV (gaélico escocés medieval: Máel Coluim mac Eanric; gaélico escocés moderno: Maol Chaluim mac Eanraig), nado o 23 de abril ou 24 de maio de 1141 e finado o 9 de decembro de 1165, foi rei de Escocia de 1153 ao 9 de decembro de 1165.
Traxectoria Malcolm era o fillo máis vello de Henrique de Escocia e de Ada de Warenne. Logo da morte prematura de seu pai o 12 de xuño de 1152 converteuse no herdeiro ao trono escocés sucedendo ao seu avó, David I de Escocia o 24 de maio de 1153.
En 1157 perdeu o condado de Northumbria que pasou a Henrique II de Inglaterra, este en compensación deulle o de Huntingdon que xa pertencera ao seu pai. Acompañou a Henrique nunha campaña contra o conde de Tolosa en 1159. En Escocia o seu curto reinado caracterizouse polas loitas contra os rebeldes do oeste, en 1160 de Fergus de Galloway e en 1164 Somerled nas Hébridas.
Malcolm quen sempre tivo mala saúde morreu aos 24 anos no castelo de Jedburg e foi soterrado na abadía de Dunfermline.
Categoría:Reis de Escocia Categoría:Nados en 1141 Categoría:Finados en 1165