Siegbert Tarrasch, nado en Wrocław en 1862 e finado en Múnic en 1934, foi un dos mellores xogadores de xadrez de finais do século XIX.
Traxectoria A súa principal contribución ao xadrez foi asimilar os ensinos de Steinitz e levalos a un maior grao de refinamento, co que o xogo experimentou unha importante evolución. Durante a súa carreira como xogador coincidiu no tempo con Emanuel Lasker, ao que non puido derrotar na loita polo título mundial.
Actualmente hai varias aperturas que levan o seu nome, como a variante Tarrasch da defensa francesa ou a defensa Tarrasch do gambito de dama.
Véxase tamén
Outros artigos Encontros polo campionato do mundo de xadrez Regra de Tarrasch
Ligazóns externas
Categoría:Xadrecistas de Alemaña Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en Wrocław Categoría:Xadrecistas do século XIX Categoría:Xadrecistas do século XX