A ría de Corcubión atópase na provincia da Coruña, en Galiza.

Características A ría de Corcubión é unha baía mergullada con moitas rochas graníticas ao longo da costa. No medio da ría atópanse as Illas Lobeiras, cun faro para facilitar a navegación dos barcos. A ría describe un amplo arco que, desde o cabo Fisterra, a desembocadura do río Xallas (na parroquia do Ézaro) e o monte Pindo, que domina o conxunto, vaise abrindo o dito arco cara ao sur ata a praia de Carnota, polo que se vai transformando nunha enseada.

É a máis setentrional das rías Baixas, bañando os concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría e Carnota.

Notas

Véxase tamén Bibliografía J.G. & Margaret, "Las Rias Altas and Las Rias Baixas". Spain: Then and Now. n.p., 2009. Web 28 de outubro de 2013. http://www.spainthenandnow.com/spanish-travel/las-rias/default_21.aspx Mendez, G. & F. Vilas. "Geological Antecedents of the Rias Baixas (Galicia, northwest Iberian Peninsula)". Journal of Marine Systems 54 (2004): 195-207. Web. 7 de outubro de 2013. Outros artigos Illas Lobeiras

Corcubion, Ria de Categoría:Costa da Morte