A literatura do Uruguai ten certo selo especial, con influencia europeísta nos seus inicios, foi tomando co tempo unha identidade propia. A poesía nace con Bartolomeu Hidalgo, iniciador da corrente gauchesca e autor dos famosos cielitos. Os románticos áchanse representados na obra de Adolfo Berro e Juan Zorrilla de San Martín.

En 1900 Julio Herrera y Reissig foi o precursor da poesía modernista hispanoamericana. Destácanse nesta época as poetas Juana de Ibarbourou e Delmira Agustini. Entre os líricos destacan Emilio Frugoni e Emilio Oribe. En canto á prosa, cabe destacar a Horacio Quiroga. Entre os valores con produción actual, sobresaen Juan Carlos Onetti, Carlos Martínez Moreno, Eduardo Galeano, Mario Benedetti e Jorge Majfud. No teatro destacan Florencio Sánchez e Jacobo Langsner.

Principais escritores Eduardo Acevedo Díaz Francisco Acuña de Figueroa Delmira Agustini Enrique Amorim Mario Benedetti Adolfo Berro Adolfo Castells Antonio F. Díaz Francisco Espínola Benjamín Fernández Alfredo Mario Ferreiro Eduardo Galeano Amir Hamed Felisberto Hernández Ernesto Herrera Julio Herrera y Reissig Juana de Ibarbourou Mario Levrero Circe Maia Jorge Majfud Tomás de Mattos Raúl Montero Bustamante Ariel Muñiz Juan Carlos Onetti Emilio Oribe Juan Parra del Riego Cristina Peri Rossi Carmen Posadas Horacio Quiroga José Enrique Rodó Mauricio Rosencof Florencio Sánchez Armonía Somers Juan Zorrilla de San Martín Idea Vilariño

Categoría:Cultura do Uruguai