Otto Koloman Wagner, nado en Penzing (Viena) o 13 de xullo de 1841 e finado en Viena o 11 de abril de 1918, foi un arquitecto austríaco.

Traxectoria Wagner naceu en Penzing, un suburbio de Viena. Estudou en Berlín e Viena. En 1864, comezou a deseñar os seus primeiros edificios en estilo historicista. A mediados e finais da década dos anos 1880, como moitos dos seus contemporáneos en Alemaña (tales como Constantin Lipsius, Richard Streiter e Georg Heuser), Suíza (Hans Auer e Alfred Friedrich Bluntschli) e Francia (Paul Sédille), Wagner converteuse nun defensor do «Realismo arquitectónico». Era unha posición teórica que lle permitía mitigar a dependencia das formas históricas. En 1894, cando se converteu en profesor de Arquitectura na Academia de Belas Artes de Viena, avanzara moito neste sentido cara a unha oposición máis radical ás correntes entón predominantes de arquitectura historicista.

Na súa primeira época o seu estilo caracterizouse pola robustez e a sobriedade clásica. Máis tarde recibiu o encargo da ampliación de Viena, do cal só realizou unha parte. A mediados da década dos noventa, xa deseñara varios edificios en Jugendstil. Wagner estaba moi interesado na achaiadura urbanística - en 1890 deseñou un novo plano para a cidade de Viena, pero só se construíu a rede de ferrocarril urbano, o Wiener Stadtbahn. En 1896 publicou un libro de texto titulado Arquitectura Moderna na que expresaba as súas ideas sobre o papel do arquitecto; baseábase no texto do seu discurso inaugural de ingreso na Academia do ano 1894. O seu estilo incorporou o uso de novos materiais e novas formas para reflectir o feito de que a propia sociedade estaba cambiando. No seu libro de texto, afirmaba que as "novas tarefas e perspectivas humanas esixían un cambio ou reconstitución de formas preexistentes". Na procura deste ideal, el deseñou e construíu estruturas que reflectían a función pretendida, como o austero bloque de apartamentos Neustiftgasse en Viena.

Foi mestre e amigo de Adolf Loos, Josef Hoffmann e de J. Olbrich. Defendeu aos novos artistas da Sezession, e achegouse aos seus postulados en obras como as estacións de metro de Viena.

Na construción da Caixa Postal de Aforros de Viena (1904-1906) móstrase como un auténtico precursor do racionalismo arquitectónico.

En 1897, Otto Wagner, Gustav Klimt, Joseph Maria Olbrich, Josef Hoffmann e Koloman Moser fundaron o grupo artístico chamado a "Secesión de Viena". Das ideas deste grupo desenvolveu un estilo que incluía referencias case-simbólicas ás novas formas de modernidade.

Wagner morreu en Viena en 1918.

Obras miniatura|180px|Detalle da Majolikahaus Comportas, Nußdorf, Viena, construídas en 1894 Estacións de metro en Viena (1894-1899). Majolikahaus (Casa de Mayólica), Viena (1898-1900). Caixa Postal de Viena (1904-1906). Igrexa Steinhof, Viena (1903-1907). Sinagoga de Rumbach, Budapest

Galería

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Einige skizzen 1 , Wien, 1905. Einige skizzen 2 , Wien, 1905. Einige skizzen 3 , Wien, 1905.

Categoría:Arquitectos de Austria Categoría:Arquitectos da Secesión vienesa Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Finados por gripe