As linguas iranias orientais son un subgrupo das linguas iranias que emerxeron nos tempos do iranio medio (dende aproximadamente o século IV a.C.) A lingua avéstica é a miúdo clasificada coma iranio oriental temperán, pero isto é incerto.

Divídense en dúas ramas: a oriental setentrional e a oriental meridional. A pesar desta separación, as linguas iranias orientais forman un único dialecto contínuum conforme a unha innovación común.

En comparación aos dialectos iranios occidentais medios, os iranios orientais medios conservan a vogal final na última sílaba. Crese que as linguas iranias orientais se separaron das linguas iranias occidentais no curso de principios do segundo milenio a.C., e estaban situados preto da cultura Iaz.

A maior lingua irania oriental é o paxto con algo máis de 40 millóns de falantes, a principal lingua de Afganistán e Paquistán occidental.

Orientais setentrionais O grupo oriental setentrional ten só tre membros activos en dúas áreas bastamente separadas, a lingua iagnobiana en Tadjiikistán (descendente do sogdiano) e o diasistema da lingua oseta no Cáucaso en Iristán do norte (Rusia) e do sur (Xeorxia) (tamén coñecido e chamado Osetia), (descendente dos escito-sármatas). Estes son restos dun vasto contínuum etnolingüístico que percorría a maioría das estepas de Asia Central no milenio I a.C. A mesma lingua avéstica, o máis antigo testemuño da rama irania, é un membro deste grupo. Coa presenza grega en Asia Central, algunhas da maioría destas linguas orientas deixaron testemuña no seu período iranio medio, mentres que dende o oeste de Cazaquistán (ou Cazaquia) a través da estepa Póntica ata Ucraína case ningunha testemuña do extenso contínuum escito-sármata sobreviviu.

Avesta, aproximadamente 1300 - s. VII (clasificación incerta). Bactrio, aproximadamente século IV - século IX. Cuaresmio aproximadamente século IV - século XIII. Sogdiano, aproximadamente século IV. Iagnobiano. Escita. oriental (escita-khotanés). Khotanés, aproximadamente século V - século X. Tumxuqués (anteriormente denominada maralbaxí), século VII. occidental (escita-sármata), aproximadamente século VIII. Diasistema oseto antigo (lingua oseta) Digoriano Iriano (Ironau para os seus falantes, ou oseto moderno) Xásico.

Orientais meridionais O grupo oriental meridional inclúe unhas 16 linguas e dialectos, dúas xa mortas, (11 segundo estimación do SIL) falados por moitos pobos no norte e sur de Asia Central (o Pamir-Saricul e Afganistán). Cada subfamilia nesta lista ten subgrupos e linguas individuais.

Linguas do Pamir Rama xugnaniana Grupo meridional Xugniano Ruxoniano Grupo setentrional ou bartanguí-roxorví-sariculí Bartangués Roxorviano Sariculiano Rama vanxiana Iazgulomiano Vanxiano† Rama munxaniana-idgá Munxaniano Idgá Rama Ixcaximiana-sanglechiana Ixcaximiano Sanglechiano Vakhí (con influencia sacá) Sargulamiano† Paxto Paxto setentrional Paxto meridional Paxto central Waziriano Wanetsiano

Véxase tamén Bibliografía Compendium Linguarum Iranicarum, ed. Schmitt (1989), p. 100.

Outros artigos Lista de linguas iranias Linguas iranias orientais setentrionais Linguas iranias orientais meridonais Linguas iranias occidentais

Ligazóns externas ethnologue report.

Categoría:Linguas iranias orientais