Agustín Fernández Mallo, nado na Coruña en 1967, é un físico e escritor galego asentado en Palma de Mallorca.

Autor de máis dunha vintena de obras, entre novelas, ensaios, poesías e outro tipo de narrativa. É un dos membros máis destacados da chamada Xeración Nocilla, Xeración Mutante ou Afterpop, cuxo nome máis popular provén do título dunha serie das súas novelas. A súa obra foi traducida a unha ducia de idiomas.

Traxectoria Licenciado en física pola Universidade de Santiago, desenvolve o seu labor profesional nese campo, pero é coñecido pola súa traxectoria literaria. Traballou como físico no campo da radiación ionizante nuclear aplicada á medicina. Colaborou en diversas revistas culturais así como nos xornais El País, El Mundo e La Vanguardia. Colabora en revistas culturais españolas, como Lateral ou Contrastes. Xunto a Eloy Fernández Porta, mantén o dúo de fala oral chamado Afterpop, Fernández&Fernández.

No ano 2000 acuñou o termo poesía pospoética, que posteriormente se formalizaría no ensaio Postpoesía -no que tamén indagou nas conexións entre arte e ciencia-, e cuxa proposta práctica constitúe os poemariosYo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus, Creta lateral Travelling –Premio Café Mon 2005–, a performance-colección de poemas de Joan Fontaine Odisea [mi deconstrucción] y Carne de píxel. Con Juan Feliu forma o dúo musical Frida Laponia, que en 2012 gravou o CD Pacas go downtown. Fernández Mallo tamén rodou unha serie de curtametraxes (entre 2 e 9 minutos).

Os seus libros, escritos en castelán, aínda non foron traducidos ao galego.

Obras Poesía

Yo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus (2001).Edición persoal, (reeditada por Alfaguara, Madrid, 2012). Creta, lateral travelling (2004). La Guantera. E Editorial Sloper, 2009. Joan Fontaine Odisea (mi deconstrucción) (2005). La Poesía, señor hidalgo. Antibiótico, poema único de 100 páxinas, escrito en 2005 e publicado en 2006;. Despois en Visor, Madrid, 2012. Carne de píxel (2008). DVD Ediciones. Ya nadie se llamará como yo + Poesía reunida (1998 - 2012) (2015). Seix Barral.

Narrativa

Nocilla Dream (2006). Editorial Candaya Nocilla Experience (2008). Alfaguara. Nocilla Lab (2009). Alfaguara. Remata cunha historieta debuxada por Pere Joan Proyecto Nocilla (2013). Alfaguara. Reúne Nocilla dream, Nocilla experience e Nocilla lab, con Nota final de Julio Ortega. Limbo (2014). Alfaguara. Trilogía de la guerra (2018). Seix Barral. El libro de todos los amores (2022 ). Seix Barral. Madre de corazón atómico (2024). Seix Barral. Unha'memoir' que gravita arredor do alzhéimer de seu pai.

Ensaio

Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma (2009). Editorial Anagrama. Teoría general de la basura (cultura, apropiación, complejidad) (2018).Editorial Galaxia Gutenberg. Wittgenstein, arquitecto: (el lugar inhabitable) (2020). Editorial Galaxia Gutenberg. La mirada imposible (2021).Wunderkammer. La forma de la multitud (capitalismo, religión, identidad) (2023). Galaxia Gutenberg.

Premios e recoñecementos

Primeiro premio Café Món por Creta, lateral travelling. Nocilla Dream, mellor novela en castelán do ano por Quimera, e para a crítica a 4.º novela en español máis importante da década (2000-2010). Nocilla Dream, unha das dez mellores novelas de 2006 segundo o suplemento El Cultural, de El Mundo. Premio de Poesía Ciudad de Burgos 2007 por Carne de píxel. Nocilla Experiencie foi nomeada a mellor novela de 2008 por La 2 de Televisión Española. Finalista do Premio Anagrama por Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma. Nocilla Lab segundo o suplemento Babelia foi a 3.ª novela en español máis importante de 2009. Gañador do Premio Biblioteca Breve, que concede a editorial Seix Barral, coa novela Trilogía de la guerra. Ganador do Premio Cálamo 'Extraordinario 2018' polo conxunto da súa obra. English PEN Award 2021 por Trilogía de guerra, (The Things We´ve Seen en inglés). Gañador do Premio Europeo de Literatura 2022 polo Proyecto Nocilla. I Premio de Ensayo Eugenio Trías, por La forma de la multitud (2022). Mellor Novela Internacional 2022, Trilogia Della Guerra en italiano, por L´Indiscreto. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El hombre que salió de la tarta · Blog do autor .

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1967 Categoría:Físicos de Galicia