Silvia Rodríguez Pena, chamada Sax, nada en Coia, Vigo, en 1980, é unha artista graffiteira galega.
Traxectoria Aínda que realizou diversos traballos na súa vida laboral, comezou a facer graffitis en 1998 e na actualidade dedícase a esta arte de forma semiprofesional. A súa obra atópase fundamentalmente nas rúas de Vigo, a súa cidade, aínda que cun mural en Santiago de Compostela obtivo o primeiro premio GZCrea, o galardón máis importante desta especialidade en Galiza.
Categoría:Grafiteiros Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes