Macromedia FreeHand é un programa informático de Macromedia de edición de gráficos vectoriais bidimensionais orientados ao mercado profesional do deseño gráfico. É unha aplicación flexíbel, bastante usada ademais en diagramación (paxinación). Posúe capacidades avanzadas de manipulación de imaxes vectoriais e, de forma limitada, en imaxes raster, para impresión e para a World Wide Web. É utilizado en produción para a Web pola súa grande integración cos outros programas da Macromedia, como o Macromedia Flash. Antes de ser cancelado o seu desenvolvemento, competía no mercado profesional cos programas Adobe Illustrator e CorelDraw. Co lanzamento do Adobe Creative Suite 3, o FreeHand foi oficialmente substituído por Adobe Illustrator.

Desenvolvemento Orixinalmente, foi creado pola Altsys e licenciado á Aldus, que lanzou as versións 1 a 4. Cando Aldus se xuntou á Adobe, que comercializaba o Adobe Illustrator, a Adobe devolveu o FreeHand para a Altsys. Máis tarde, en 1995, a Altsys foi adquirida por Macromedia, que lanzou o FreeHand nas versións 5.0, 5.5 (soamente para macOS), 7, 8, 9, 10 e 11 (ou MX). En 2005 Adobe comprou a Macromedia.

Coa compra de Macromedia por Adobe, que produce un programa concorrente, o Adobe Illustrator, o futuro do FreeHand foi cuestionado máis unha vez. A empresa anunciou inicialmente, en maio de 2006, que planeaba continuar a ofrecer mantemento técnico e desenvolvemento para o FreeHand "baseado nas necesidades dos seus consumidores".macworld.co.uk Adobe: GoLive and FreeHand development continues Porén, un ano despois, en 15 de maio de 2007, Adobe declarou que iría cancelar, de feito, o desenvolvemento e mantemento de programa.blogs.adobe.com/jnack FreeHand no longer updated; moving to Illustrator

Actualmente, os usuarios rexistrados do FreeHand MX poden comprar unha actualización para o Adobe Illustrator CS3. Mentres algúns usuarios do programa están enviando súas reclamacións á Adobe, esperando ver a continuidade do apoio e desenvolvemento de FreeHand, a empresa decidiu fornecer ferramentas e guías para facilitar a transición para o Illustrator.

Oficialmente, o Macromedia FreeHand MX non admite Windows Vista. Porén, algúns usuarios relataran que o programa roda sen moitos problemas no sistema operativo da Microsoft.

Historia de lanzamentos versión data de lanzamento empresa plataforma alteracions significativas 1.0 1988 Aldus Mac OS X 1.2 1988 Aldus Mac OS X 2.0 1988 Aldus Mac OS X, NeXT (Virtuoso 1.0) 2.02 1988 Aldus Mac OS X, NeXT (Virtuoso 2.0) 3.0 1991 Aldus Mac OS X, Windows 3.1 1991 Aldus Mac OS X, Windows 4.0 1994 Aldus Mac OS X, Windows 5.0 1995 Macromedia Mac OS X, Windows 5.5 1995 Macromedia Mac OS X 6 (beta) (non foi lanzado) Macromedia Mac OS X, Windows 7.0 1996 Macromedia Mac OS X, Windows 7.2 1996 Macromedia Mac OS X, Windows 8.0 1998 Macromedia Mac OS X, Windows 8.0.1 1998 Macromedia Mac OS X, Windows mellor compatibilidade ao exportar ficheiros para Flash mellor compatibilidade ao importar ficheiros do Photoshop 5 e Illustrator 7 mellorado o suporte a imaxes importadas (linked images) 9.0 2000 Macromedia Mac OS X, Windows 10.0 2001 Macromedia Mac OS X, Windows primeira versión nativa para o Mac OS X (carbon) páxinas-mestras (Master Pages) arquivos do freehand comprimidos automaticamente coa extensión ".fh10", sendo así menores do que ficheiros coa extensión ".fh9" ou anteriores 10.0.1 10 de setembro de 2003 Macromedia Mac OS X, Windows 11.0 (MX) 2003 Macromedia Mac OS X, Windows ferramenta de extrusión (Extrude) ferramenta de gráficos (Chart) 11.0.1 (MXa) 2003 Macromedia Mac OS X, Windows corrección de varios erros (bugs) 11.0.2 (MX) 25 de febreiro de 2004 Macromedia Mac OS X, Windows corrección de varios erros(bugs)

Véxase tamén Editores gráficos Adobe Illustrator CorelDRAW Inkscape

Notas

Ligazóns externas Web oficial do FreeHand Web non oficial dedicado ao FreeHand

Categoría:Aplicacións de edición de imaxes vectoriais