Augadeiro ou Acuario (do latín: Aquarius; o carrexador de auga ou ánfora, símbolo 20px, ), é o décimo primeiro signo do zodíaco, situado entre Capricornio e Pisces. Acuario, o portador da auga, é unha das 88 constelacións recoñecidas pola astronomía moderna, descrita por Claudio Tolomeo. O seu símbolo representa o fluír da auga.
De todo o zodíaco, Acuario é unha das constelacións recoñecidas dende máis antigo. Os sumerios outorgáronlle este nome á constelación, na honra ó seu deus An, que derrama a auga da inmortalidade sobre a Terra. Atópase nunha rexión comunmente chamada o Mar ou Aqua pola súa profusión de constelacións acuáticas tales coma Cetus, Pisces, Eridanus. Algunhas veces o río Eridanus representase coma o que derrama a ánfora de Acuario.
A constelación de Acuario é a décima máis grande, cubrindo máis de 2,375 % do ceo; incluíndo 56 estrelas visibles, aínda que na súas meirande parte son febles.
Estrelas principais esquerda|150px|miniatura|Representación medieval de Acuario. α Aquarii (Sadalmelik), estrela superxigante amarela de magnitude 2,95 que se atopa a 760 anos luz. β Aquarii (Sadalsuud), a máis luminosa da constelación cunha magnitude 2,90, e de características moi semellantes a Sadalmelik. γ Aquarii (Sadachbia), estrela binaria de magnitude 3,86. δ Aquarii (Skat), estrela branca de magnitude 3,27. ε Aquarii (Albali), estrela branco-azulada de magnitude 3,75. λ Aquarii (Hydor), unha xigante vermella variable irregular cun brillo que varía entre unha magnitude 3,70 e 3,80. ζ Aquarii, un sistema binario formado por dúas estrelas branco-amarelas separadas 1,67 segundos de arco. θ Aquarii (Ancha), xigante amarela a 191 anos luz de distancia. χ Aquarii, xigante vermella e variable irregular pero menos brillante que Hydor. π Aquarii (Seat), de cor branca-azulada é unha estrela Be e unha variable Gamma Cassiopeiae. ψ Aquarii, dá nome a tres estrelas diferentes: ψ1 Aquarii, xigante laranxa cun planeta, ψ2 Aquarii, estrela branco-azulada variable, e ψ3 Aquarii, estrela binaria branca. A magnitude das tres estrelas está comprendida entre 4,20 e 5,00. EN Aquarii, xigante vermella e variable irregular semellante a χ Aquarii, aínda que algo máis brillante que esta. ET Aquarii, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum cunha magnitude que oscila entre 5,16 e 5,21. EZ Aquarii, sistema estelar triplo a só 11,3 anos luz. HD 210277, anana amarela máis fría e menos luminosa có Sol; ó redor dela descubriuse un planeta extrasolar. Gliese 876, anana vermella distante 15,3 anos luz que posúe varios planetas orbitando no seu redor, un deles é un planeta terrestre. Gliese 849, tamén anana vermella cun planeta extrasolar. Gliese 884, anana laranxa a 26,6 anos luz.
Obxectos Notables do espazo profundo Hai tres obxectos do espazo profundo que están no Catálogo Messier:
Cúmulos globulares Messier 2 e Messier 72, o primeiro deles é un dos máis ricos e compactos que se coñecen. Messier 73, en realidade é un asterismo e non un verdadeiro cúmulo aberto.
Ademais atópanse dúas nebulosas planetarias:
Nebulosa Saturno (NGC 7009), ó sueste de η Aquarii. Nebulosa da Hélice ou Nebulosa Hélix (NGC 7293) ó suroeste de δ Aquarii.
Outros obxectos a destacar son:
Cúmulo globular NGC 7492, moi afastado do centro da nosa galaxia. Galaxia Anana de Acuario, galaxia irregular próxima á Vía Láctea.
Mitoloxía esquerda|350px
O coñecido mito identifica a Acuario, que tamén era coñecido coma escanciador, con Ganímedes. Ganímedes é fillo de Laomedonte, Rei de Troia. O seu pai encargoulle a tarefa de garda-los rabaños nas montañas. Era, segundo os relatos, un dos mortais máis fermosos, de tal forma que Zeus, pai dos deuses, namorouse perdidamente del e converténdose en aguia (outra constelación) rapta a Ganimedes e lévao ó Olimpo. Coma compensación Zeus regaloulle ó pai do mozo uns corceis divinos inmortais. No Olimpo Ganimedes convertese no copeiro divino encargado de servir ós deuses.
Acuario xeralmente representa a figura dun home, e cando consideran cás estrelas son para ser humano moi difusas ou pouco visibles, toma a figura dun home cunha ánfora coa que derrama un líquido. Acuario tamén foi identificado coma Deucalión, que se salvou xunto coa súa muller Pirra do diluvio universal enviado por Zeus, na versión grega do mito.
Visualización alternativa
miniatura|300px|dereita|Diagrama dunha forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Acuario. O portador da auga amósase correndo mentres leva unha ánfora da cal derrama auga. As estrelas da constelación de Acuario poden conectarse dunha forma alternativa, a cal amosa graficamente un portador de auga correndo mentres leva unha ánfora da cal verte auga. A cabeza de Acuario é formada polo romboide de estrelas α Aqr, γ Aqr, η Aqr, e π Aqr: sendo α Aqr de terceira magnitude. A estrela ζ Aqr, a cal está aloxada dentro do romboide, representa un ollo.
O torso de Acuario é formado polas estrelas α Aqr e β Aqr, sendo β Aqr de terceira magnitude.
A perna esquerda de Acuario está formada polas estrelas β Aqr e ι Aqr; e a perna dereita, polas estrelas β Aqr (Que é o punto de unión entre as dúas pernas), ν Aqr, μ Aqr, e ε Aqr, estas dúas últimas representando un pé.
O brazo é formado coas estrelas α Aqr, θ Aqr, e λ Aqr, sendo λ Aqr a man.
O portador de auga carga cunha ánfora, case mellor unha xerra, a cal é constituída polas estrelas ψ¹ Aqr, φ Aqr, λ Aqr, τ Aqr, e δ Aqr. A parte superior da xerra consta do triángulo de estrelas ψ¹ Aqr, φ Aqr, e λ Aqr.
A auga vertese da xerra en dúas liñas. A liña da esquerda conformase coas estrelas ψ¹ Aqr, 98 Aqr, 99 Aqr, e 101 Aqr. A liña da dereita é formada polas estrelas ψ¹ Aqr, 88 Aqr, 89 Aqr, e 86 Aqr.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
The Deep Photographic Guide to the Constellations: Aquarius NightSkyInfo.com: Constellation Aquarius WIKISKY.ORG: Aquarius constellation Star Tales – Aquarius
Categoría:Constelacións