O taxico (тоҷикӣ, en cirílico, تاجیکی en perso-arábigo, AFI [tɔːdʒɪˈkiː]) é unha lingua irania da mesma rama co persa, falado por preto de sete millóns de persoas. O taxico contemporáneo, coma persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. É o idioma oficial en TadjiikistánConstitución de Tadjiikistán, aínda que tamén se fala nos países limítrofes, principalmente en Afganistán, no Uzbekistán e en Kirguizistán.

O fraccionamento político característico da época feudal e a ausencia de lazos estables económicos e culturais entre as distintas rexións nas que vivían os falantes taxicos, facilitaron o nacemento e mantemento nesas rexións de dialectos variados. Foi só tralo triunfo da Revolución de 1917 e a consolidación do poder soviético no territorio de Asia Central cando se abre un proceso para concentrar os varios dialectos cara a un taxico literario contemporáneo. Naturalmente, trala desintegración da Unión Soviética e a recuperación da soberanía nacional ese proceso cambiou de mans e agora é a Academia das Ciencias de Tadjiikistán a encargada de facer esa labor. O idioma estándar baséase nos dialectos do noroeste de Taxiq (rexión da antiga cidade de Samarcanda), que foron considerablemente influenciados pola lingua uzbeka, como resultado da proximidade xeográfica.

Un grande mérito do estudo do taxico e dos seus dialectos débese enteiramente aos estudosos ruso-soviéticos. Do período pre-revolucionario destacan O.I. Senkovskij e V.V. Grigoriev que por primeira vez sinalaron algunhas características gramaticais e léxicas da lingua dos autores centro-asiáticos. Tamén C. Salemann dirixiu a súa atención á fonética taxica a partir de textos xudeu-persas de Bukhara (ademais de diferentes estudos sobre o iagnobí). No período soviético abriuse unha nova etapa no estudo da lingua e o achado de solucións para a creación dunha nova lingua literaria, dunha ortografía, dunha terminoloxía etc. E foi sobre todo grazas aos traballos de I.I. Zarubin e dos seus discípulos que se desenvolveu a mediados dos anos vinte do século XX o estudo dos dialectos e da fonética do taxico.

O taxico tamén mantivo diversos elementos arcaicos no seu vocabulario e na gramática, que se perderan no resto do mundo persófono, grazas ao seu relativo illamento nas montañas da Asia Central.

Distribución xeográfica Dialectos do taxico Os dialecto taxicos (шеваҳои забони тоҷикй) poden agruparse nos seguintes grupos:

Dialectos setentrionais (Norte de Tadjiikistán, zonas do sur de Uzbekistán e Kiguizistán). Dialectos centrais (dialectos de Mastjoh, Aini, Hissor e zonas de Varzob). Dialectos meridionais (dialectos de Qarotegin, Kulob, dialectos do Badaghxán etc.) Dialectos meridionais orientais (dialectos de Panxe e Darvoz).

O dialecto entre os xudeus de Bukhorá nativos de Asia Central é coñecido coma bukhoriano (tamén se pode dicir "bukhorés"), e pertencen ao grupo de dialectos setentrionais. Distínguese facilmente xa que inclúen termos do hebreo, principalmente léxico relixioso, ademais de usar o alfabeto hebreo. Sacando estas diferenzas, o bukhoriano é intelixible aos outros taxicofalantes, particularmente cos dos dialectos setentrionais.

Sistema de escritura

Antes de 1928, usaba unha versión de escritura árabe/persa, aínda que máis tarde adoptou o alfabeto latino entre 1928 e 1940, para pasar máis tarde a unha versión do alfabeto cirílico. En 1994, o goberno taxico intentou volver introducir o alfabeto latino como sistema de escritura, pero movementos radicais esixían a implantación da escrita perso-arábiga. Na actualidade aínda se segue a empregar a escrita perso-arábiga en Uzbekistán e nas zonas taxicofalantes do Afganistán.

Alfabeto taxico moderno (cirílico) А а Б б В в Г г Д д Е е Ё ё Ж ж З з И и Й й К к Л л М м Н н О о П п Р р С с Т т У у Ф ф Х х Ч ч Ш ш Ъ ъ Э э Ю ю Я я Ғ ғ Ӣ ӣ Қ қ Ӯ ӯ Ҳ ҳ Ҷ ҷ

Alfabeto taxico latinizado (1928 — 1940)A a B b C c Ç ç D d E e F f G g Ƣ ƣ H h I i Ī ī J j/Y y K k L l M m N n O o P p Q q R r S s Ş ş T t U u Ū ū V v X x Z z Ƶ ƶ '

Historia

Fonoloxía Vogais A táboa que amosamos aquí ilustran as vogais en taxico estándar e culto. Os dialectos locais chegan a ter máis de seis. Vogais taxicasAnteriorCentralPosteriorPechadaMedia 1Aberta

Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:

{| class="wikitable" |- |Persa clásico||ā||a||ē||i||ī||ō ||u||ū |- |Persa moderno || ā || a|| ī || e ||ī||ū ||o || ū

|Darí ||ā||a||ē || e || i ||ō|| o || u |- |Hazaraguí ||o|| a ||e||i|| i || ū ||u|| u |- |Taxico ||o||a|| e ||i|| i || ů ||u|| u

Consoantes LabialDental/AlveolarAlveolar posteriorPalatalVelarUvularGlotalnasalм н oclusiva xordaп б т д к г қ ъ fricativaф в с з ш ж х ғ ҳ Africadaч bibranteрlíquidasл й

Acento O acento cae xeralmente na última sílaba. Exemplos de onde o acento non cae na última sílaba son: бале (que quere dicir "si") e зеро (que quere dicir "por que"). O acento tampouco cae nin nos enclíticos, nin na marca do obxecto directo.

Gramática O taxico contemporáneo, coma o persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. O taxico moderno conserva tódalas características esenciais da estrutura gramatical e o sistema fonético da lingua clásica, de maneira que a persoa que coñece o taxico ou o persa está capacitado para captar sen grandes dificultades as obras de Rudaki (século X), de Ferdovsi (X-XI) ou de Saadi (XIII). Porén, non debemos chegar á conclusión de que durante os mil anos que separan ao taxico ou ao persa contemporáneo da lingua daquela época, ningún cambio se produciu. Unha comparativa entre as linguas contemporánea e clásica amósanos os cambios importantes sobrevidos durante tal período: redución, como en persa, do sistema vocálico de 9 a 6 fonemas (pero sen coincidir nesta redución), cambios de función da posposición -ra, dos pronomes enclíticos, dalgunhas preposicións etc.

Pero ademais de tales fenómenos, propios do persa e do taxico, o taxico contemporáneo ten algunhas características gramaticais específicas que o distinguen do persa e que afectan ao sistema verbal e ao léxico; o taxico ten moitos empréstimos do ruso, especialmente no que se refire ás relacións sociais, a técnica, a ciencia, a cultura etc. Outra grande influencia no léxico taxico procede da forte influencia das linguas túrquicas centro-asiáticas e dos antigos dialectos iranios orientais (sogdiano, bactriano, saka-tocario etc.).

A orde das palabras en taxico é SUXEITO-OBXECTO-VERBO.

Substantivos Os substantivos fórmanse pola unión de morfemas a unha raíz, combinación de lexemas, ou por derivación, sexa a partir do verbo coma por adición de afixos (prefixos e sufixos).

Masculino e feminino Na lingua taxica non existe morfema de xénero, polo que non se distinguen entre o masculino e o feminino. Para diferenciar o sexo en persoas e animais, recórrese a distintas formas de raíz utilizándose unhas para designar ao macho e outras á femia.

Existen nomes propios para cada xénero: Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego мард mard home зан zan muller писар pisar fillo, rapaz духтар duxtar filla, rapaza шу shu marido ҳамсар hamsar muller, esposa

Entre os nomes de animais tamén existen algúns propios de cada xénero: Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego мурғ murgh galo хурӯс xurus galiña аcп asp cabalo madian egua

Aínda que normalmente identifícanos polo nome acompañado de нар (nar) macho ou мода (modá) femia, anteposto ou posposto: Taxico Transliteración Galego Taxico Transliteración Galego шери нар* sher-i nar león шери мода sher-i modá leoa хари нар xar-i nar burro хари мода xar-i modá burra гови нар gov-i nar touro гови мода gov-i modá vaca

No caso das profesións, un mesmo nome serve tanto para o masculino coma para o feminino:

Os nomes en taxico tampouco van acompañados dos artigos determinados (o, a , os, as):

Plural

Adxectivos

Comparativos

Superlativos

A construción "izofá"

Pronomes Persoais Formas dos pronomes persoais coas súas equivalencias en galego.

Persoa Singular Plural 1ª ман (man) "eu" мо (mo) "nós" 2ª ту (tu) "ti" шумо (shumó) "vós" 3ª ӯ, вай (ū, vay) "el, ela" онҳо (onhó) "eles, elas"

A segunda persoa de plural, шумо, pódese usar tamén coma forma de cortesía da segunda persoa singular. No taxico escrito distínguese a forma de cortesía da formal porque a de cortesía vai en maiúsculas, p. ex.: Шумо кай меоед? (shumó kay meoed?), "Cando vén vostede?" fronte a шумо кай меоед?, "Cando vides (todos vós)?".

Formas enclíticas Existen formas enclíticas que son usadas tralos substantivos para denotar posesión.

Persoa Singular Plural 1ª -ам (-am) "meu" -амон (-amon) "noso" 2ª -ат (-at) "teu" -атон (-aton) "voso" 3ª -аш (-ash) "seu" -ашон (-ashon) "seus"

Por exemplo: китоб (kitób, "libro"), китобам (kitobam, "o meu libro"), китобат (kitobat, "o teu libro"). Cando a palabra remata en vogal, por exemplo китобҳо (kitobho, libros), o -а que une o substantivo co enclítico condutor cambia a -я, por exemplo: "os seus libros" sería китобҳояшон' (kitobhoyashon).

Demostrativos Como en taxico non hai masculino nin feminino, os adxectivos demostrativos son iguais para ambos.

ин = este, esta, isto он = aquel, aquela, aquilo

Algúns exemplos coma adxectivos demostrativos:

ин китоб ин хoна он гул

Indefinidos

Relativos

Interrogativos

Numerais Cardinais Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra 0сифр 1як 11ёздаҳ21 *31 ----2ду12дувоздаҳ 22 32 200 2.000 3се13сездаҳ23инсæй æртæ33æртин æртæ300æртæ сæди3.000æртæ мини 4чор14чордаҳ24инсæй цуппар40цуппор400цуппар сæди4.000цуппар мини 5панҷ15понздаҳ25инсæй фондз50фæндзай500фондз сæди5.000фондз мини 6шаш16 шонздаҳ26 инсæй æхсæз 60æхсай---- 7ҳафт17ҳабдаҳ27 инсæй авд 70авдай----8ҳашт18ҳаждаҳ28 инсæй аст 80æстай----9нўҳ19нуздаҳ29инсæй фараст90науæдзæ- - -- 10даҳ20внст30æртин100сæдæ1.000мин- -

Ordinais

Preposicións +Preposicións simples Taxico Galego аз dende, a través de бо con бар sobre, enriba ба a, cara a бе sen дар en чун como то ata

Adverbios

Conxuncións

Léxico