El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.

Historia e características Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co apoio do arcebispo de Santiago, apareceu o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono Alberto Paredes Bravo (finado en 1925) e outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1935 o director do xornal foi José Martínez Pereiro. A este sucedeuno Santiago Lozano García en decembro de 1935.

Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".miniatura|José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:1917 en Galicia Categoría:Prensa escrita da Coruña