El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1896 e 1934. Historia

Apareceu o 31 de decembro de 1896, co subtítulo Diario católico regionalista, que recolle a tendencia do xornal: católica e rexionalista. Foi fundado por José Lombardero Franco, que foi o seu primeiro director. A este sucedérono José Pan de Soraluce e José García Acuña. Tamén foi dirixido durante un breve período por Wenceslao Fernández Flórez.

Entre os colaboradores do xornal figuran Antón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire e Roberto Blanco Torres.

A principios de 1918 foi adquirido cos cartos da “Lliga” e as xestións de Pere Muntañola cambiando a liña editorial. A maioría dos redactores abandonaron o xornal para fundar El Orzán. Pasou a ocupar a dirección fáctica Antón Villar Ponte, despois foi director José García Acuña. En 1921 apareceron unha serie de crónicas desde Marrocos de Valentín Paz-Andrade .

Entre 1917 e 1919 publicou un suplemento de catro páxinas titulado: ¡Terra a Nosa!, Bibrioteca popular galega. Nel apareceron Contos da forxa de Uxío Carré Aldao, O castro de Cañás (Boicentril) de Francisco Tettamancy, Frores do noso paxareco de Francisca Herrera Garrido e Da raza de Uxío Carré Alvarellos.

Entre o 10 de setembro de 1918 e o 18 de novembro de 1919Estas son as datas da primeira e última entregas contidas no facsímile publicado polo Centro Ramón Piñeiro no 2001. Segundo o editor, Luís Alonso Girgado, este suplemento Nós consérvase só fragmentariamente, polo que cabe no posible a existencia de números posteriores. publica un suplemento literario titulado: Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste, con cabeceira de Castelao (desde o segundo número, do 17 setembro), que segundo Xosé Filgueira Valverde sería precursor, en certo xeito, da revista Nós.

El Noroeste na II República Durante a República foi adquirido polo Partido Republicano Radical Socialista en xaneiro de 1932 e converteuse en órgano seuEl Progreso, 19-1-1932, p. 3.. O 27 de xaneiro cambiou de formato e de subtítulo, pasando a ser Diario de la República. Órgano del Partido Radical-SocialistaEl Progreso, 28-1-1932, p. 3.. Estivo dirixido por Jesús Mejuto Vázquez. En febreiro de 1933 volveu facerse cargo da dirección Roberto Blanco TorresEl Compostelano, 4-2-1933, p. 2.. Interrompeu a súa publicación o 4 de febreiro de 1934El Pueblo Gallego 4-2-1934, p. 9., pero recomezouna ao cabo duns díasEl Pueblo Gallego, 7-2-1934, p. 9. . En 1934, ao desmontarse o PRRS e pasar a organización coruñesa a Unión Republicana, El Noroeste converteuse en voceiro deste partido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Nós. Páxinas gallegas do Diario da Cruña El Noroeste. Ed. facsímile. Centro Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela 2001.

Antón e Ramón Villar Ponte: Unha irmandade alén do sangue. Emilio Xosé Ínsua López. Cadernos Ramón Piñeiro, VII.

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1896 en Galicia