El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1880 e 1881.
Historia e características Subtitulado Periódico de La Coruña. Político independiente de la tarde, defensor del comercio y de la industria apareceu o 3 de febreiro de 1880 como continuación de El Comercio Gallego. Foi o seu fundador-propietario e administrador Juan Cuenca e estaba dirixido por Joaquín Castro Arias. Os seus redactores eran o propio Joaquín Castro e Ricardo Acevedo Fullós. Entre os seus colaboradores figuraban Trillo, Golpe, Montes, Salinas e Sors. De tendencia demócrata e rexionalista, editábase na imprenta do mesmo nome, propiedade de Ramón Faginas, na que tamén se editaba a Revista de Galicia. Cando o seu director Castro Arias marchou a Bos Aires, sucedeuno José María Montes. Suspendido en agosto de 1881, transformouse en El Progreso de Galicia.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1880 en Galicia