miniatura|Igrexa anglicana de Santa María Stellenbosch é unha cidade, capital do concello de Stellenbosch na provincia do Cabo Occidental, en Suráfrica. Constitúe o segundo asentamento europeo máis antigo logo da Cidade do Cabo.
Historia miniatura|Casa típica de estilo holandés de Stellenbosch O asentamento fundouse en 1679 por orde do gobernador do Cabo, Simon van der Stel de onde lle ven o nome, nas beiras do río Eerste, o asentamento medrou, en 1682 contaba coas súas propias autoridades locais e en 1685 converteuse na sede dun maxistrado con xurisdición sobre 25.000 km². Na vila asentouse un grupo de hugonotes franceses que foron claves no desenvolvemento da viticultura, converténdose Stellenbosch no centro da industria vitivinícola surafricana.
Economía e poboación En 1859 abriuse na cidade un seminario da igrexa reformada neerlandesa, e un centro de secundaria, het Stellenbossche Gymnasium, en 1866. En 1918 fundouse a Universidade de Stelllenbosch. A cidade é a sede da Universidade de Stellenbosch
Durante a Segunda Guerra Bóer, Stellenbosch foi unha das bases británicas. No sur da cidade construíuse o Technopark Stellenbosch, un polígono tecnolóxico que atraeu a numerosas empresas.
A cidade ten 90.000 habitantes (2000). A maioría da poboación é de lingua afrikaans, o inglés e o xhosa son as outras linguas que máis se poden escoitar na cidade. Dende o punto de vista étnico a maioría da poboación está formada polo que no censo surafricano se coñece como colorados, persoas mestizas de orixe europea, africana e asiática.
Categoría:Cidades de Suráfrica